Contraataque imperial sobre América Latina e o Caribe
Posted in Mundo on 01/29/2010 02:22 a.m. by Xosé Antón![]() |
Unha expresa manifestación do contraataque imperial sobre América Latina e o Caribe corresponde a unha triangulación fatal que se xesta, nunha estratexia diabólica, en Colombia coa instalación das 7 bases estadounidenses; en Honduras coa consumación do golpe de estado contra o presidente constitucional, Mel Zelaya, a pesar da resistencia heroica da poboación; e en Haití coa ocupación militar do seu territorio por parte do exército estadounidense, aproveitando o enorme terremoto.
Obxectivo: recuperar canto antes o patio traseiro.
Por outro parte, están tentando repetir, como no ano 2.002, o golpe de estado en Venezuela. Aínda que saben da dificultade do fin desexado, agardan que, creando violencia na rúa, se incremente o descontento social, aumente a sensación de medo e iso repercuta nas eleccións á asemblea Nacional con perda de votos para os partidos que apoian ao goberno bolivariano de Venezuela. Os falsimedia participan no golpe mediático, tanto en Venezuela como no resto do planeta, para desgastar o liderado de Hugo Chávez até a a data de celebración das eleccións ao parlamento venezolano. Se conseguen ese obxectivo, o imperialismo dá un paso máis en firme, unha das xogadas clave, na nova estratexia colonial en Indoamérica.
É vital que América do Sur e o Caribe se manteñan no proceso revolucionario e de cambio social, onde se asentan as transformacións necesarias en base aos sectores máis necesitados dos países integrantes. O inimigo común é o neoliberalismo e a corrupción dos que queren que o mundo sexa só duns poucos. Read the rest of this entry »
