Archive for Xaneiro 28th, 2010

En Venezuela a oposición prepara un golpe de estado similar ao de 2.002?

cubainformacion.tv

A actitude anti- imperialista de Hugo Chávez Frías, o presidente de Venezuela, fixo que recibira ataques  tanto da dereita e do liberalismo en todos os seus chanzos, como dunha esquerda de salón europea carcomida polo sistema, por non encasillarse o  movemento bolivariano nun formato político “domesticado”. Mais, nun momento no que os movementos da esquerda estaban en decadencia e baixa moral foi capaz de mobilizar conciencias no espazo político de sudamérica para expandirse ao resto do planeta.
O seu desafío ao Imperio tivo a punto de facerlle perder a vida en varias ocasións, para ser  atacado mediaticamente  e de xeito coordinado polos mercenarios da (in)comunicación de maior influencia.

Chávez  criticou con firmeza abusos dos EE.UU. en Iraq e tachou ao presidente estadounidense de criminal de guerra considerando, con toda razón, que debería ser xulgado na Corte Internacional de Xustiza. Na propia Asemblea Xeral de Nacións Unidas afirmou que Estados Unidos era un «Estado terrorista», mentres o resto de presidentes da moderada Europa encollían nos seus asentos. Read the rest of this entry »