Archive for Xaneiro 27th, 2010

As vindeiras eleccións á Asemblea Nacional provocan fortes ataques contra o Proceso Revolucionario Bolivariano en Venezuela

Dixen nalgunha ocasión que os grandes medios de comunicación están de gardacostas, cando non lles marcan o camiño ao liberalismo radical, á dereita máis rancia  e ao fascismo internacional. Experimentaron  tamén coa  manipulación global,  importada do Imperialismo, deturpando a realidade  con masivos ataques mercenarios pseudo – periodísticos desde as páxinas e as pantallas de distintos medios de (in)comunicación.

Hoxe coincidiume ver unha parte do informativo de mediodía da TVE, no que se estaba a terxiversar a realidade venezolana de xeito vergoñoso e inmoral. Aseguraban na súa pseudo – información, igual que outros medios estatais e internacionais, que a saída do aire da emisión da golpista  Radio Caracas Televisión Internacional (RCTVI) debíase a un peche por parte do Goberno Bolivariano de Venezuela e non a unha suspensión temporal polo incumprimento da Lei que a cadea protagonizou en reiteradas oportunidades. E que ese peche levou a protestar ao estudantes venezolanos.

Na protesta producíronse mortes e feridos entre os estudantes, nun proceso similar ao que as potencias estranxeiras fixeron nos Países do Este coas retrógradas “revolucións Laranxas”.

A realidade é que estes sectores, que historicamente quixeron dominar ao país, están utilizando a unha parte da  mocidade, por pequena que sexa,  como carne de canón e muro de contención para  unha política de volta ao pasado, onde só os ricos existían para os gobernos da IV República.

 Supoño que a oposición liberal – conservadora pretende, cunha serie de accións similares a aquelas que precederon o golpe de estado do ano 2002, gañar (co apoio do Imperio) ás eleccións á Asemblea Nacional para volver controlar Petróleos de Venezuela e privatizala para concretar o seu plan neoliberal, convertendo ás Forzas Armadas en órganos represivos privados ao servizo da oligarquía.

Que ocorreu na realidade e que os mercenarios da incomunicación non contan? Read the rest of this entry »