Haití (parte 2): do cruel terremoto á invasión militar estadounidense
Posted in Mundo on 01/24/2010 09:02 p.m. by Xosé AntónFalei hai uns días, nun artigo titulado Haití: da maldición dos golpes de estado ao cruel terremoto, da situación da chamada primeira República Negra, onde unha enorme catástrofe humanitaria superpúxose a outra, deixando centos de miles persoas sen fogar e un número enorme de falecidos: 150.000 cadáveres foron os recolleitos en Porto Príncipe e o goberno aclarou que a cifra podería aumentar polos corpos que aínda permanecen baixo os cascallos e os que foron queimados nas rúas tras comezar a descomporse.
Nesa situación os gobernos e institucións internacionais falaron de axudas, que a día de hoxe seguen sendo claramente insuficientes para a aterrada, pero valerosa poboación. Haití pedía axuda humanitaria e cada país respondeu segundo o seu xeito de concebir o mundo:
O primeiro en chegar foi un avión venezolano con axuda material, o seguinte, trinta minutos máis tarde, un avión cubano con axuda de emerxencia (os medios de comunicación silenciaron esta información).
Pola súa banda, EE.UU mobilizou a día de hoxe 20.000 militares en Haití e unha flota de naves da mariña de guerra comandada polo portaavións USS Vinson.
Mentres o Imperio ocupaba militarmente o país caribeño, outros países de todos os confíns do mundo tiñan outro concepto de solidariedade: Bolivia, Venezuela, Cuba, Ecuador, Brasil, México, Arxentina e outros países, tamén europeos, africanos, China ou Rusia, enviaban miles de toneladas de alimentos e efectivos de rescate para axudar a unha sociedade moi pobre (o 80% da poboación sobrevivía antes do terremoto por baixo da liña de pobreza) e castigada polo cruel terremoto. As protestas pola estratexía xeopolítica USA (a invasión militar) non se fixeron agardar por parte dalgúns países.
E cal é a imperialista razón da invasión estadounidense?
O académico canadense e experto en xeoestratexia, Michell Chossudovsky explícaa no seu artigo “A militarización da axuda de urxencia a Haití: é unha operación humanitaria ou unha invasión?, publicado no sitio web Global Research. Read the rest of this entry »