60.000 persoas, noutra masiva manifestación na defensa do galego, ateigan a praza do Obradoiro. Un éxito de Queremos Galego, un paso adiante para Galiza.
Posted in A Costa da Morte, Galiza on 01/22/2010 12:00 am by Xosé AntónGalería fotográfica da manifestación: 102 imaxes.
A maior mobilización no ensino, nunca vista na historia deste país – en palabras de Guillerme Vázquez, Portavoz
Nacional do BNG – amosa como o extremista PP, no (des)goberno da Xunta de Galiza, atópase só na defensa do seu decretazo contra o galego. A sociedade dille, manifestación tras manifestación (e xa van catro en menos dun ano de lexislatura) a Núñez Feijóo que deixe de atacar un dos sinais de identidade máis importantes do país.
Centos de persoas da comarca de Bergantiños e da Costa da Morte, igual que noutras comarcas de Galiza, desprazámonos en transporte colectivo e particulares á capital de Galiza. A de hoxe foi a cuarta manifestación na defensa do idioma propio do noso País, de Galiza. E, segundo portavoces da plataforma Queremos Galego, xuntou ao redor de 60.000 persoas (a CIG cifra a participación nunhas 80.000) que ateigaron a praza do Obradoiro. O portavoz da plataforma Queremos Galego, Fran Rei, asegurou que a súa entidade levará aos tribunais a quen mente e a quen difame, en clara alusión ao PP sobre a defensa do idioma.
Rei destacou tamén a participación especial do presidente da Asociación Internacional de Estudos Galegos, Craig Patterson, quen acusou ao PP de utilizar o inglés propagandisticamente para atacar o idioma propio de Galiza.
O presidente da Mesa pola Normalización Lingüiística, Carlos Callón, afirmou que “sempre nos din (os do PP) que somos uns radicais, que coaccionamos ao profesorado e estudantado”. Ao respecto, dixo que “a realidade vexe hoxe nas rúas de Santiago”. Hai unha “mobilización unánime por parte da sociedade galega, especialmente por parte da comunidade educativa”, rexeitando este decretazo contra o galego. Read the rest of this entry »