Archive for Xaneiro 20th, 2010

O PP da Laracha e o do (des)goberno da Xunta atacannos porque Queremos Galego

Pois si que debe ter pánico o PP do noso concello e o do (des)goberno da Xunta ao máis que probábel éxito da folga

Repartindo material informativo. Queremos Galego!

 de mañá, tendo en conta  as acusacións falsas e os insultos contra as asociacións da nosa localidade,  integradas na plataforma Queremos Galego, e contra o BNG. Mais o mellor é que reflexionasen e escoitaran á sociedade, en vez de adoptar medidas ultra dereitistas, radicais, en contra da  lingua do noso país, contra toda a sociedade galega.

Digo isto debido ao comunicado feito público polo PP da Laracha contra   un grupo de nais e pais da Laracha. Porque nos atacan? Por  repartir  dípticos informativos e autocolantes informativos  (moi bonitos, por certo) sobre o decreto contra o galego á saída dos centros de ensino da localidade. Nós, como nais e pais (membros da comunidade educativa) e como responsábeis das asociacións Quinta Feira e A Cutareira (integradas na plataforma Queremos Galego)  participamos nas actividades informativas da folga xeral do 21 de xaneiro para informar  á comunidade educativa da Laracha da razón da convocatoria do paro xeral no ensino, e animando  a que se unan á folga e á manifestación que sairá mañá ás 11,30 h da Alameda de Santiago de Compostela.

O suxo comunicado do PP dicía que “unha serie de persoas afíns á plataforma Queremos Galego! e representantes do BNG da Laracha  dedicáronse a repartir propaganda na saída da escola á xente que alí se atopaba, incluídos rapaces de entre 3 e 12 anos de idade, que marcharon para a casa con cromos e panfletos que tiñan por título paremos o decretazo contra o galego».

O PP tachou  o noso lexítimo dereito de loitar, como país e nais para que ás nosas fillas e fillos non se lles vulnere o dereito a unha educación de calidade e en galego de “claro e grave intento indecente de manipulación política» y acusaron a Queremos Galego! de tratar de «imporlle á sociedade, incluídos os nenos, as súas ideas, e crear un conflito onde non o hai”.

Vaia! que os creadores do innecesario e conflitivo decretazo antigalego, co obxectivo de obter un miserábel rédito electoral, acúsannos aos da foto, igual que a moitas nais e pais, ao BNG e outros colectivos na defensa do noso idioma e cultura do noso País, de ser un perigo para a sociedade. Case daría a risa se non pretendesen eles, co ataque ao galego, o exterminio da Cultura Galega alimentando o auto-odio, e converter á sociedade galega nunha submisa cidadanía de segunda categoría, subordinada cultural, económica e ideoloxicamente ao ditado do centralismo ultraconservador

 

Onde remata a manifestación contra o Decretazo?

 

Folga Xeral no Ensino 21/01/2010

Subo ao blogue unha última nova que a Coordinadora da Plataforma Queremos Galego en Bergantiños e A Costa da Morte nos comunica sobre a manifestación de mañá xoves. Perante a previsión de que a de mañá sexa unha xornada histórica na defensa da nosa lingua, e a cantidade de autobuses que xa están confirmados desde as diferentes comarcas do país, a organización decidiu acabar o percorrido no OBRADOIRO e non en San Caetano, como inicialmente estaba previsto.

A MANIFESTACIÓN CONVOCADA POR QUEREMOS CONTRA O RASCUÑO DE DECRETAZO CONTRA O GALEGO REMATARÁ NA PRAZA DO OBRADOIRO. 

Santiago 20 de xaneiro de 2010. A plataforma cidadá Queremos Galego, decidíu modificar o percorrido da manifestación,  inicialmente previsto con saída da Alameda cara San Caetano.

O motivo deste cambio está no forte incremento da participación que se agardaba desde a organización, así como na imposibilidade de situar unha megafonía e palco en San Caetano. A mobilización masiva que se producirá mañá aconsella ademais mudar o percorrido cara un lugar que ofreza mellores condicións para o desenvolvemento e a seguranza da manifestación, polo que finalmente o remate será na Praza do Obradoiro, mantendo o inicio na Alameda compostelana.

Xa que logo, o percorrido será o seguinte: 11.30 h. Saída da Alameda cara a Senra, Praza de Galiza, Doutor Teixeiro, Hórreo, Porta da Mámoa, Praza do Toural, Rúa do Vilar, Praza das Pratarías e Praza do Obradoiro.

Plataforma cidadá Queremos Galego