Archive for Xaneiro 18th, 2010

Porque rexeitamos o decretazo antigalego da Xunta?

Quedan moi poucos días para chegar ao 21 de xaneiro. Unha data moi importante  na que se visualizará a

repartindo material de Queremos Galego na Laracha

 esixencia cidadá de retirada do decretazo contra o galego e para que a Xunta aplique unha política educativa de defensa e promoción do noso propio idioma. O PP, que (mal)goberna o noso País, pretende diminuír a presenza da nosa lingua no ensino, para que ás nosas fillas e fillos se lles vulnere o dereito a unha educación de calidade e en galego, pondo ademais en perigo a pervivencia da nosa propia cultura.

 A plataforma Queremos Galego, promovida pola Mesa pola Normalización Lingüística e hoxe integrada por máis de 600 entidades, entre as que se encontran Quinta Feira e A Cutareira da Laracha, convocou para ese día unha folga xeral do ensino para exixir a retirada do decretazo contra o galego e para que a Xunta aplique unha política educativa de defensa e promoción do noso idioma propio.

 Facéndolle caso ao dito pola  MESA – aínda hai tempo para facer o posíbel para que a contestación do 21 de xaneiro estea á altura desta agresión histórica – e como integrantes das asociacións anteriormente nomeadas, participamos nas actividades informativas da folga xeral do 21 de xaneiro para informar, dentro das nosas posibilidades, á comunidade educativa da Laracha da razón da convocatoria do paro xeral do ensino e animando  a que se unan á folga e á manifestación que sairá ese día ás 11,30 h da Alameda de Santiago de Compostela.

 Por que rexeitamos este decretazo?