Conferencia de Francisco Jorquera na Laracha: as caixas de aforro e o futuro económico de Galiza
Posted in A Costa da Morte, Galiza on 01/17/2010 10:07 p.m. by Xosé Antónligazón á galería de fotos da conferencia (Vídeo da 2ª, 3ª, 4ª parte clicando en ler máis)
Francisco Jorquera, deputado no Congreso polo BNG, estivo este venres, 15 de xaneiro, na Laracha para explicar a posición do Bloque Nacionalista Galego sobre un dos debates de maior trascendencia no presente e con maior repercusión de cara ao futuro: a Lei de Caixas.
Este acto foi presentado polo Responsábel Local do BNG, Fernado Gesto Montes, quen abriu a conferencia explicado como se foi andando o camiño para a aprobación da Lei de Caixas Galega.
Comezou a súa intervención Francisco Jorquera explicando que a nova Lei de Caixas, que é unha iniciativa do BNG, democratizará os órganos de xestión, vai permitir unha caixa ao servizo de Galiza que potencie o desenvolvemento da economía produtiva do País.
Lembrou Jorquera que hai un desexo do poder central, do que participa naturalmente o grupo socialista e o PP, e que en esencia apunta cara á deslocalización das caixas e á súa posterior bancarización. Nun camiño que apunta ao liberalismo estremo, que é o que conduciu á crise financeira internacional.
O Goberno Galego debe aplicar a Lei de Caixas aprobada polo Parlamento a instancias do BNG e debe apostar sen ambigüidade pola fusión galega.
Ou temos esa caixa galega ou teremos unha sucursal doutras caixas foráneas fusionadas cun centro de decisión fóra de Galiza. Perderíamos institucións financieiras propias. Isto repercutiría negativamente nas pequenas e medianas empresas do País. Esa é a dialéctica real.
Aquí podes ver a intervención de Francisco Jorquera na Laracha, dividida en catro partes:
Parte 1
Para ver as seguintes partes clica en
