As Caixas de Aforro e o futuro económico de Galiza
Posted in A Costa da Morte, Galiza on 01/13/2010 09:36 pm by Xosé AntónFrancisco Jorquera explicará na Laracha a posición do nacionalismo sobre este debate que afecta ao futuro do
país. A conferencia será presentada polo Responsábel Local do BNG, Fernando Gesto Montes.
Francisco Jorquera, deputado no Congreso polo BNG, estará este venres, 15 de xaneiro, na Laracha (20.30 horas, aula cultural de Caixa Galicia) para explicar a posición do Bloque Nacionalista Galego sobre un dos debates de maior trascendencia no presente e con maior repercusión de cara ao futuro: a Lei de Caixas.
Feijóo sementou dúbidas sobre as súas verdadeiras intencións a respecto dofuturo das caixas galegas nunha recente entrevista na cadea Cope, deixando entrever que estaría en disposición de estudar alternativas distintas á da fusión galega. Mais agora non é hora de vacilacións. É hora de decisións.
O Goberno debe aplicar a Lei de Caixas aprobada polo Parlamento a instancias do BNG e debe apostar sen ambigüidade pola fusión galega. Calquera outra opción sería facerlle o xogo a algúns que continúan tendo como obxectivo a desgaleguización destas entidades e a súa progresiva privatización. Read the rest of this entry »

