Archive for Xaneiro 9th, 2010

Que dis que fixo o PP durante o 2009?

Xa expliquei nalgunha que outra ocasión a razón pola que lle chamo á actual xeración de políticos demagogos do actual (des)goberno da Xunta xeración TUCSIM: Trapalleiros, Ultra Conservadores, Sen Ideas, sen proxectos de goberno para o noso país e Mintireiros.
Feijóo, que durante a campaña dicía saber como acabar en poucos días (45) coa crise, e que tempo despois non foi capaz de poñer ningunha medida eficaz sobre a mesa (por non ter un proxecto de goberno serio para o país) só se dedicou a criticar as políticas do anterior goberno bipartito e fundar unha verdadeira “brigada de demolición” de políticas públicas desenvolvidas polo BNG, entre elas derrogar o concurso eólico, desmantelar o sistema de benestar social ou facer do galego unha lingua marxinal no noso País.

Promesas electorais fixo ben delas, case todas incumpridas (menos as anteriormente citadas), mais o emprego, desde que o PP chegou de novo á Xunta, e a economía galega van de capa caída. Un ano de Goberno TUCSIM, aplicando medidas neoliberais, trouxo consecuencias demoledoras para a clases traballadoras: hai na Galiza 223.000 persoas en paro.

Non habería que denunciar a Feijóo por publicidade enganosa e polas desfeitas que está a facer no noso País? Se cadra chegaba con que as galegas e galegos aprenderamos a votar.

Podería comentar, como calquera observador da realidade, o que fixo o PP no tempo que leva de lexislatura, mais semella bastante ben resumido na presentación do camarada Xosé Cotelo, presidente da A.VV. A Cutareira da Laracha e autor dunha das presentacións máis reenviadas a través dos correos electrónicos: para que serve o ogalego. Convídote a ver que fixo o PP durante o 2.009