Archive for Xaneiro 6th, 2010

Bieito Lobeira nA Nosa Terra: ‘Non negociaremos nada por baixo do 50% de galego’

Bieito Lobeira Domínguez é un dos políticos galegos que máis ataques recibe dos sectores antigaleguistas  máis

de esquerda á dereita, Bieito Lobeira, deputado no Parlamento Galego polo BNG; Fernando Gesto, Responsábel Local do BNG da Laracha; Suso Seixo, Secretario Xeral do sindicato CIG; Xosé M.Cotelo, presidente da Cutareira, na conferencia sobre a crise económica, organizada pola asociación de veciños A Cutareira da Laracha

 reaccionarios- os medios de (in)comunicación que son utilizados polo poder como correa de transmisión para combater a lingua, a dereita reaccionaria ou o liberalismo españolista – pola súa defensa do dereito democrático ao uso pleno da lingua galega.

Tamén recibe ataques nos foros de internet debido á lóxica política que marca nas súas actuacións ou pola envexa que lle teñen ao descubrir a capacidade política que Lobeira ten amosado en múltiples ocasións.

Lobeira, que  é un líder político ao que moitas persoas  lle valoramos a súa impresionante implicación e capacidade na defensa dos intereses colectivos das galegas e galegos, afirmou en varias ocasións que o  galego é en si mesmo un elemento político, e que o PP e os sectores antigalegos  máis reaccionarios (anteriormente subliñados) son conscientes de que o pobo que usa o galego sen complexos exerce os seus dereitos e faino con dignidade.

 Eses dereitos son incompatíbeis  co proxecto imperialista que seguen o PP e outras forzas políticas estatais. Esas forzas imperialistas pretenden eliminar os elementos de autogoberno e a concienciación nacional da sociedade galega. Read the rest of this entry »