Conseguiremos, sen atrancos, unhas caixas de aforro como instrumento económico público ao servizo do pobo?
Posted in Galiza on 01/01/2010 05:22 pm by Xosé AntónExplica nun artigo de opinión, de xeito moi didáctico, Xabier Pérez Igrexas, nun comentario en GZ Nación, as razóns polas que as galegas e galegos non debemos renunciar a que as caixas de aforro do noso país sexan un instrumento económico público ao servizo do pobo e a necesidade de reclamar unha reorientación das caixas de aforro galegas a través dunha nova Lei de Caixas. Explica que os obxectivos básicos son tres: alargar a intervención pública na dirección das entidades titulares da meirande parte dos aforros das e dos galegos, orientar a súa acción económica para dar pulo ás potencialidades produtivas do país -en favor do emprego- e dotalas dunha transparencia e funcionamento democrático até hoxe practicamente inexistentes.
A nova Lei de Caixas, que é unha iniciativa do BNG aprobada no Parlamento Galego, vai permitir que o poder democrático da cidadanía teña algo que dicir na orientación do aforro das galegos e galegos cara á economía produtiva do noso País. Mentres o BNG amosa unha defensa clara dos intereses colectivos da cidadanía galega, o PSOE opta polo liberalismo estremo ao atacar a Lei de Caixas por intervencionista. Read the rest of this entry »