Archive for Xaneiro, 2010

Contraataque imperial sobre América Latina e o Caribe

cubainformacion.tv

Unha expresa manifestación do contraataque imperial sobre América Latina e o Caribe corresponde a unha triangulación fatal que se xesta,  nunha estratexia diabólica, en Colombia coa instalación das 7 bases estadounidenses; en Honduras coa consumación do golpe de estado contra o presidente constitucional, Mel Zelaya, a pesar da resistencia heroica da poboación; e en Haití coa ocupación militar do seu territorio por parte do exército estadounidense, aproveitando o enorme terremoto.

Obxectivo: recuperar canto antes o patio traseiro.

Por outro parte, están tentando repetir, como no ano 2.002,  o golpe de estado en Venezuela. Aínda que saben da dificultade do fin desexado, agardan que, creando violencia na rúa, se incremente o descontento social, aumente a sensación de medo e iso repercuta nas eleccións á asemblea Nacional con perda de votos para os partidos que apoian ao goberno bolivariano de Venezuela. Os falsimedia participan no golpe mediático, tanto en Venezuela como no resto do planeta, para desgastar o liderado de Hugo Chávez até a a data de celebración das eleccións ao parlamento venezolano. Se conseguen ese obxectivo, o imperialismo dá un paso máis en firme, unha  das xogadas clave, na nova estratexia colonial en Indoamérica.

 É vital  que América do Sur e o Caribe  se manteñan  no proceso revolucionario e de cambio social, onde se asentan as transformacións necesarias en base aos sectores máis necesitados dos  países integrantes. O inimigo común é o neoliberalismo e  a corrupción dos que queren que o mundo sexa só duns poucos. Read the rest of this entry »

 

En Venezuela a oposición prepara un golpe de estado similar ao de 2.002?

cubainformacion.tv

A actitude anti- imperialista de Hugo Chávez Frías, o presidente de Venezuela, fixo que recibira ataques  tanto da dereita e do liberalismo en todos os seus chanzos, como dunha esquerda de salón europea carcomida polo sistema, por non encasillarse o  movemento bolivariano nun formato político “domesticado”. Mais, nun momento no que os movementos da esquerda estaban en decadencia e baixa moral foi capaz de mobilizar conciencias no espazo político de sudamérica para expandirse ao resto do planeta.
O seu desafío ao Imperio tivo a punto de facerlle perder a vida en varias ocasións, para ser  atacado mediaticamente  e de xeito coordinado polos mercenarios da (in)comunicación de maior influencia.

Chávez  criticou con firmeza abusos dos EE.UU. en Iraq e tachou ao presidente estadounidense de criminal de guerra considerando, con toda razón, que debería ser xulgado na Corte Internacional de Xustiza. Na propia Asemblea Xeral de Nacións Unidas afirmou que Estados Unidos era un “Estado terrorista”, mentres o resto de presidentes da moderada Europa encollían nos seus asentos. Read the rest of this entry »

 

As vindeiras eleccións á Asemblea Nacional provocan fortes ataques contra o Proceso Revolucionario Bolivariano en Venezuela

Dixen nalgunha ocasión que os grandes medios de comunicación están de gardacostas, cando non lles marcan o camiño ao liberalismo radical, á dereita máis rancia  e ao fascismo internacional. Experimentaron  tamén coa  manipulación global,  importada do Imperialismo, deturpando a realidade  con masivos ataques mercenarios pseudo – periodísticos desde as páxinas e as pantallas de distintos medios de (in)comunicación.

Hoxe coincidiume ver unha parte do informativo de mediodía da TVE, no que se estaba a terxiversar a realidade venezolana de xeito vergoñoso e inmoral. Aseguraban na súa pseudo – información, igual que outros medios estatais e internacionais, que a saída do aire da emisión da golpista  Radio Caracas Televisión Internacional (RCTVI) debíase a un peche por parte do Goberno Bolivariano de Venezuela e non a unha suspensión temporal polo incumprimento da Lei que a cadea protagonizou en reiteradas oportunidades. E que ese peche levou a protestar ao estudantes venezolanos.

Na protesta producíronse mortes e feridos entre os estudantes, nun proceso similar ao que as potencias estranxeiras fixeron nos Países do Este coas retrógradas “revolucións Laranxas”.

A realidade é que estes sectores, que historicamente quixeron dominar ao país, están utilizando a unha parte da  mocidade, por pequena que sexa,  como carne de canón e muro de contención para  unha política de volta ao pasado, onde só os ricos existían para os gobernos da IV República.

 Supoño que a oposición liberal – conservadora pretende, cunha serie de accións similares a aquelas que precederon o golpe de estado do ano 2002, gañar (co apoio do Imperio) ás eleccións á Asemblea Nacional para volver controlar Petróleos de Venezuela e privatizala para concretar o seu plan neoliberal, convertendo ás Forzas Armadas en órganos represivos privados ao servizo da oligarquía.

Que ocorreu na realidade e que os mercenarios da incomunicación non contan? Read the rest of this entry »

 

Haití (parte 2): do cruel terremoto á invasión militar estadounidense

cubainformacion.tv

Falei  hai uns días, nun artigo titulado  Haití: da maldición dos golpes de estado ao cruel terremoto, da situación da chamada primeira República Negra, onde unha enorme catástrofe humanitaria superpúxose a outra, deixando  centos de miles persoas sen fogar e un número enorme de falecidos: 150.000 cadáveres foron os recolleitos en Porto Príncipe e o goberno aclarou que a cifra podería aumentar polos corpos que aínda permanecen baixo os cascallos e os que foron queimados nas rúas tras comezar a descomporse.

Nesa situación os gobernos e institucións internacionais falaron  de axudas, que a día de hoxe seguen sendo claramente insuficientes  para a aterrada, pero  valerosa  poboación. Haití pedía   axuda humanitaria e cada país respondeu segundo o seu xeito de concebir o mundo:

O primeiro en chegar foi un avión venezolano con axuda material, o seguinte, trinta minutos máis tarde, un avión cubano con axuda de emerxencia (os medios de comunicación silenciaron esta información).

Pola súa banda, EE.UU mobilizou  a día de hoxe  20.000 militares  en Haití e unha flota de naves da mariña de guerra  comandada polo portaavións USS Vinson.

 Mentres o Imperio ocupaba militarmente o país caribeño, outros países de todos os confíns do mundo tiñan outro concepto de solidariedade:  Bolivia, Venezuela, Cuba, Ecuador, Brasil, México, Arxentina e outros países, tamén europeos, africanos, China ou Rusia, enviaban miles de toneladas de alimentos e efectivos de rescate para axudar a unha sociedade moi pobre (o 80% da poboación sobrevivía antes do terremoto por baixo da liña de pobreza) e castigada polo cruel terremoto. As protestas pola estratexía xeopolítica USA (a invasión militar) non se fixeron agardar por parte dalgúns países. 

E cal é a imperialista razón da invasión estadounidense?

O académico canadense e experto en xeoestratexia, Michell Chossudovsky explícaa no seu artigo “A militarización da axuda de urxencia a Haití: é unha operación humanitaria ou unha invasión?, publicado no sitio web Global Research. Read the rest of this entry »

 

60.000 persoas, noutra masiva manifestación na defensa do galego, ateigan a praza do Obradoiro. Un éxito de Queremos Galego, un paso adiante para Galiza.

Galería fotográfica da manifestación: 102 imaxes.

A maior mobilización no ensino, nunca vista na historia deste país – en palabras de Guillerme Vázquez, Portavoz Nacional do BNG – amosa como o extremista PP, no (des)goberno da Xunta de Galiza, atópase só na defensa do seu decretazo contra o galego. A sociedade dille,  manifestación tras manifestación (e xa van catro en menos dun ano de lexislatura) a Núñez Feijóo que deixe de atacar un dos  sinais de identidade máis importantes do país.

Centos de persoas da comarca de Bergantiños e da Costa da Morte, igual que noutras comarcas de Galiza, desprazámonos en transporte colectivo e particulares  á capital de Galiza. A de hoxe foi a cuarta manifestación na defensa do idioma propio do noso País, de Galiza. E, segundo portavoces da plataforma Queremos Galego, xuntou ao redor de 60.000 persoas (a CIG cifra a participación nunhas 80.000) que ateigaron a praza do Obradoiro. O portavoz da plataforma Queremos Galego, Fran Rei, asegurou que a súa entidade levará aos tribunais a quen mente e a quen difame, en clara  alusión ao PP sobre a defensa do idioma.
Rei destacou tamén a participación especial do presidente da Asociación Internacional de Estudos Galegos, Craig Patterson, quen acusou ao PP de utilizar o inglés propagandisticamente para atacar o idioma propio de Galiza.

O presidente da Mesa pola Normalización Lingüiística, Carlos Callón, afirmou que “sempre nos din (os do PP) que somos uns radicais, que coaccionamos ao profesorado e estudantado”. Ao respecto, dixo que “a realidade vexe hoxe nas rúas de Santiago”. Hai unha “mobilización unánime por parte da sociedade galega, especialmente por parte da comunidade educativa”, rexeitando este decretazo contra o galego. Read the rest of this entry »