Pepe Mujica, presidente da República do Uruguai, un exemplo de dignidade

O Presidente electo da República Oriental do Uruguai, José «Pepe» Mujica, foi sempre un exemplo de dignidade ePepe Mújica, exemplo de dignidade constancia para os que, desde sempre, tiveron na súa traxectoria un referente moral para as loitas de liberación sudamericana. Nas eleccións do domingo no Uruguai, foi elixido o respectado dirixente Pepe Mujica, un home loitador de toda a vida, respectado en Uruguai, no sur do continente. Mújica vén da loita armada e foi, desde sempre, un claro defensor dos movementos políticos  de esquerdas. Parafraseando a Chávez, a Patria Grande americana engrandece ao contar a Pepe entre os seus Presidentes, home necesario no horizonte axexado polo goriletismo hondureño ou o uribismo colombiano fronte ao cal Pepe Mújica  é o máis firme símbolo vivente de indoblegábel resistencia.

Esta histórica e consecutiva vitoria da esquerda  permite ratificar que o obxectivo uruguaio seguirá sendo a transformación social en positivo da sociedade, a igualdade e a xustiza social, e consolida a pervivencia do aire limpo, da dignidade e soberanía que atravesa o sub – continente americano de xeito irreversible.

Realizáronse unhas eleccións transparentes nas que resultou vitorioso o pobo.
Isto é, usando  palabras de Vicente Rangel, un contraste, un proceso lucido e digno fronte á sórdida conxura dos golpistas, dos aventureiros empresarios da rapina, da oligarquía apoiada polo departamento de Estado e polo goberno imperialista ianqui.

 

Deixa unha resposta