Archive for Decembro, 2009

Un inxusto orzamento precariza os servizos sociais na Laracha (1ª parte)

Non sería inxusto, atendendo á información que se publica na Web do BNG da Laracha,  catalogar a aprobación do orzamento do 2.010 como un acto simbólico no cal se expresan as malignas  condutas a desenvolver por parte do Partido Popular no goberno municipal. É dicir, a imposición, por parte dun enfebrecido goberno municipal, de conceptos economicistas disecados con considerábeis efectos perniciosos para a  maioría da sociedade larachesa.

A falla de sentidiño do orzamento do 2.010 pásalle como ao universo: é infinito e en expansión. E realimentándose  da anulación dos dereitos e da igualdade de oportunidades. Mentres as necesidades das maiorías sociais se incrementan, as gañas do goberno da Laracha en buscar solucións tenden a cero.

Os cartos non recaen en cubrir as necesidades educativas, culturais e socias evidentes neste concello e buscar novas metas para a promoción nun positivo entorno socioeducativo. O nulo compromiso social do Partido Popular queda demostrado ao  adicar unha ridícula partida de 10.000 euros para emerxencia social (a metade que para publicidade e propaganda). Read the rest of this entry »

 

Evo Morales: O trunfo de Bolivia está dedicado aos pobos do mundo que se manteñen na loita contra o imperialismo.

 A Corte Nacional Electoral (CNE) de Bolivia confirmou hoxe xoves a vitoria de Evo Morales nas eleccións xerais do

O presidente boliviano Evo Morales

O presidente boliviano Evo Morales

 pasado fin de semana, ao emitir un novo reporte que dá ao presidente boliviano 63% dos votos escrutados, até 35 puntos por encima do seu máis próximo rival opositor, Manfred Reyes Vila.

Un comunicado de Telesur apuntou que con 82,4% dos votos escrutados, o organismo avalou a vitoria de Morales para un novo período 2010-2015 e baixo o mandato da nova Constitución Política do Estado, que foi aprobada en xaneiro deste ano. 

Evo Morales afirmou  que o seu goberno continuará manténdose  no proceso revolucionario e de cambio social, onde se asentan as transformacións necesarias en base aos sectores máis necesitados do país. Lembrou que un inimigo dos bolivianos é o neoliberalismo, e que outro é a corrupción «por iso levantaremos a carta do sistema bancario porque o que non vive para servir, non serve para vivir”.

Morales, do partido Movemento ao Socialismo (MAS), suma até este xoves 2 millóns 400 mil 843 votos, que representa 62,95%, mentres que o opositor Reyes Vila -do partido Plan Progreso para Bolivia- obtivo un millón 58 mil 48 sufraxios, que se traduce en só 27,74%.

O terceiro lugar corresponde a Unidade Nacional, do adiñeirado empresario Samuel Doria Medina, que conta con 215 mil 630 votos e significa 5,65%.

Read the rest of this entry »

 

Alba: unha integración sen precedentes

 

A Alternativa Bolivariana para los Pueblos de nuestra América (ALBA) que pasou a chamarse Alianza en

presidentes da Alba

presidentes da Alba

lugar de Alternativa por decisión  dos países integrantes, nun cumio extraordinario celebrado en Venezuela, xurdiu como alternativa á promovida por Estados Unidos de América,  Área de Libre Comercio de las Américas (ALCA). Mais recoñezo que estaba entre os que, como sinala Nidia Díaz no seu artigo publicado en Granma Internacional  Alba: una integración sin precedentes non alcanzabamos a valorar o profundo significado histórico  que tiña o paso que estaba dándose naqueles momentos cando o 14 de decembro do 2004 o líder da Revolución Cubana, Fidel Castro Ruz e o líder da Revolución Bolivariana de Venezuela, Hugo Rafael Chávez Frías, subscribían na Habana a acta de constitución da entón chamada Alternativa Bolivariana para as Américas (ALBA)e que se estaba abrindo unha nova e moi interesante páxina de integración dos países de América Latina e o Caribe. Read the rest of this entry »

 

As últimas sondaxes sinalan que Evo Morales gañará as eleccións de mañá domingo en Bolivia

cubainformación.tv

Os habitantes de Bolivia viven hoxe a última xornada de reflexión previa ás eleccións de mañá, domingo, onde elixirán a un dos oito candidatos presidenciais, que proclamará ademais ao próximo vicepresidente do país baixo o mandato da nova Constitución Política do Estado, aprobada en xaneiro deste ano, así como aos 166 membros da Asemblea Lexislativa Plurinacional, nome que adoptará o Congreso do deputados boliviano no 2010.

As últimas sondaxes publicadas pola Axencia Boliviana de Información  revelan que o líder bolivariano do Movimiento Al Socialismo (MAS), Evo Morales, é o candidato favorito do pobo. Read the rest of this entry »

 

O VELORIO do cantautor chileno Víctor Jara 36 anos logo do seu asasinato a mans de militares durante a ditadura de Augusto Pinochet.

 

Jara terá un velorio de tres días, para que os seus compatriotas lle ofrezan a homenaxe que non puido recibir entón.

O enterro do autor de cancións como «Te recuerdo Amanda» e «¡Ay, canto, que mal me sales!» terá lugar mañá sábado 5 de decembro.

Desde a sede da Fundación sairá un cortexo que percorrerá as rúas até o Cemiterio Xeral.

O cantautor e director de teatro foi asasinado no Estadio Chile, un recinto deportivo utilizado como centro de reclusión e tortura, días despois do golpe de estado que o 11 de setembro de 1973 terminou co mandato do presidente Salvador Allende (1970-1973).

Segundo determinou a investigación xudicial, foi brutalmente golpeado e torturado, as súas mans sufriron golpes de culatas de fusís e despois recibiu 44 disparos en todo o corpo.