O capitalismo arruína o Cumio do Clima en Copenhaghe
Publicado en Mundo o 20/12/2009 02:35 por Xosé Antón![]() |
![]() |
O Cumio do Clima de Copenhague non conseguiu convertirse no tratado internacional sobre reduccións de CO2 que substituíse o Protocolo de Kioto. Aínda que o presidente estadounidense afirmase que, por primeira vez na historia, a totalidade das principais economías se uniran para aceptar a súa responsabilidade e adoptar medidas ante a ameaza do cambio climático, o Cumio de Copenhague finalizou cun acordo de mínimos que non cumpre cos obxectivos expostos inicialmente, debido ás diferenzas entre países ricos e economías en desenvolvemento.
Os países da Alianza Bolivariana para los Pueblos da nuestra América (Alba) e Tuvalu defenderon a necesidade de coidar o planeta e lembraron que os señores poderos, líderes dos países desenvolvidos, deben gardar as súas chequeras e liderar os seus gobernos con principios que clamen pola vida.
O mesmo Obama, presidente do país máis contaminante do planeta, recoñece que o acordado non será legalmente vinculante, aínda que axude a que os países fixen os seus obxectivos de recorte de emisións de gases contaminantes.
Os países da Alianza Bolivariana para los Pueblos da nuestra América (Alba) impugnamos desde xa calquera documento que saque Obama por baixo da porta, declarara o venres o presidente da República Bolivariana de Venezuela, Hugo Chávez Frías. Non coñecemos ningunha declaración. Os documentos de traballo de dous anos quedaron aí conxelados como a neve. Sacar agora un documento da nada sería lamentable e vergoñoso, dixo Chávez.
A delegada de Venezuela no Cumio de Copenhague, Claudia Salermo, alertara o sábado que só 25 países participaron na redacción do documento L-7, un texto que as nacións ricas queren impor sen consenso, como borrador de resolución que mantivo trabada o cumio ante falta de consenso, acción que vai contra as normas da reunión. Advertiu que o texto non posúe ningún dos números que poderán salvar os problemas de países en vías de desenvolvemento.
A delegación de Cuba rexeitou tamén o proxecto de declaración. É a acta de defunción do protocolo de Kioto que a miña delegación non acepta, dixo o chanceler cubano, Bruno Rodríguez. A representante de Ecuador denunciou que a ONU viola dereitos democráticos en Copenhague.
Os países latinoamericanos, entre eles o reelixido presidente boliviano Evo Morales, interviron no pleno da conferencia, tras o discurso do representante do pequeno arquipélago de Tuvalu (océano Pacífico), que rexeitou aprobar o texto proposto.
En profundo desacordo coa «proposta Obama», que fai alusión a un aumento máximo da temperatura de 2º C, o delegado de Tuvalu, un dos países máis vulnerables aos efectos do cambio climático, comparouna a un puñado de moedas para traizoar ao noso pobo e ao noso futuro. Os pequenos países insulares loitan para limitalo a 1,5º C para non verse mergullados polo aumento do nivel do mar.
Como lembra A Nosa Terra, o Cumio do Clima aprobou un pacto de mínimos en Copenhague, onde ao redor de 1.100 das 100.000 persoas asistentes á manifestación foron arrestadas nunha dura represión policial. Isto é a democracia que existe en Europa e no mundo? Como aparece recollida na intervención de Hugo Chávez, é unha barbaridade, un raro sistema democrático que non permite expresar o noso rexeitamento ao que as elites mundiais do capitalismo mandan.
