Non diminúe a represión en Honduras. Sabes algo?

Aínda que os medios de comunicación non nos informan de nada, o ano remata para moitos hondureños do mesmo

Denuncian que a Dirección Nacional de Investigación Criminal (DNIC) interrogou a desaparecidos.

 xeito que o fixo o curto periodo democrático. Igual que noutras partes do planeta, o imperialismo segue a facer o de sempre, por iso non cesa a represión do réxime de facto, apoiado por EE.UU., contra os dirixentes das organizacións opositoras. Máis de corenta líderes destes movementos e organizacións foron asasinados desde o momento do golpe de estado do 28 de xuño, co silencio e ambiguedade dos EE.UU. A mesma actitude imperial que cando se produciu o golpe de estado.

 O fotógrafo Edwin Renán Fajardo Argüeta (coa súa cámara fotográfica era un combatente activo da Resistencia, ademais de participar en manifestacións e noutros actos de protesta)  propúñase celebrar o Nadal coa súa familia nas Illas de Baía. Pero pouco antes da festa o seu corpo foi atopado no seu apartamento con pegadas de morte violenta.

Outro  membro da Fronte da Resistencia contra o golpe de estado de Honduras, Santos Corrales García,  foi decapitado presuntamente pola Policía ás ordes do réxime de facto que goberna ese país.

 Segundo o coordinador da Fronte de Avogados contra o Golpe de estado, Nectalí Rodesno, nos últimos días caeron, vítimas do terror de Estado, os defensores dos dereitos humanos Walter Troches (de 27 anos de idade, membro da comunidade lésbico, gai, transexual e bisexual (LGTB), e participante activo da Fronte de Resistencia fora detido outra vez, a semana anterior, e transportado nunha camioneta cor gris, sen placas, presumiblemente da Dirección Nacional de Investigación Criminal hondureña) e Karen Hernández. Foron secuestrados e desapareceron sen rastro os activistas da Fronte Nacional de Resistencia Carlos Turcios Maldonado (o cadáver deste último foi achado tempo despois decapitado e coas mans mutiladas) e Abner Hernández, os dirixentes campesiños Osman Alexis Ulloa e Mario René Ayala.

En conexión con isto o Comité de Familiares dos arrestados desaparecidos exhortou á cidadanía mundial, en primeiro lugar, ás organizacións prol dereitos humanos, a que emprendan sen demora medidas para deter esta cacería humana contra o pobo hondureño.

Aínda así, o réxime de facto non consigue  romper a vontade do pobo de resistir. Velaquí o que declarou Nectalí Rodesno: Para min o traballo que desenvolvo é fundamental e non podo renunciar a esta loita. A resistencia agarda que en  Honduras se cree  un tribunal internacional para que se castigue aos golpistas, que a forza de fusil sacaron ao presidente do país para impoñer un goberno títere, despois dunhas fraudulentas eleccións.

 

Deixa unha resposta