Evo Morales: O trunfo de Bolivia está dedicado aos pobos do mundo que se manteñen na loita contra o imperialismo.
Publicado en Mundo o 07/12/2009 19:59 por Xosé AntónA Corte Nacional Electoral (CNE) de Bolivia confirmou hoxe xoves a vitoria de Evo Morales nas eleccións xerais do
pasado fin de semana, ao emitir un novo reporte que dá ao presidente boliviano 63% dos votos escrutados, até 35 puntos por encima do seu máis próximo rival opositor, Manfred Reyes Vila.
Un comunicado de Telesur apuntou que con 82,4% dos votos escrutados, o organismo avalou a vitoria de Morales para un novo período 2010-2015 e baixo o mandato da nova Constitución Política do Estado, que foi aprobada en xaneiro deste ano.
Evo Morales afirmou que o seu goberno continuará manténdose no proceso revolucionario e de cambio social, onde se asentan as transformacións necesarias en base aos sectores máis necesitados do país. Lembrou que un inimigo dos bolivianos é o neoliberalismo, e que outro é a corrupción «por iso levantaremos a carta do sistema bancario porque o que non vive para servir, non serve para vivir”.
Morales, do partido Movemento ao Socialismo (MAS), suma até este xoves 2 millóns 400 mil 843 votos, que representa 62,95%, mentres que o opositor Reyes Vila -do partido Plan Progreso para Bolivia- obtivo un millón 58 mil 48 sufraxios, que se traduce en só 27,74%.
O terceiro lugar corresponde a Unidade Nacional, do adiñeirado empresario Samuel Doria Medina, que conta con 215 mil 630 votos e significa 5,65%.
Na súa intervención pública adicoulle moita importancia ao seguro universal de saúde para todos os bolivianos e comentou que algúns dos grandes problemas que enfronta o continente suramericano é o tema da propiedade intelectual, o Tratado de Libre Comercio e as bases militares de Estados Unidos instaladas na rexión.
Evo Morales, que o vindeiro sábado dirixirase a Cuba para discutir cos países membros do ALBA (Alternativa Bolivariana para Las Américas), as novas políticas do socialismo do século XXI, asegurou que un dos primeiros compromisos do novo goberno enfocarase en atacar a pobreza «e nese tema temos resultados importantes recoñecidos pola comunidade internacional. Antes Bolivia só producía o 20 por cento do seu Produto Interno Bruto, agora estamos por encima do 40 por cento desa produción» e fixou que «seguiremos traballando nese marco…»
Agora falta agardar o 100% dos resultados oficiais , pero xa podemos saber que o resultado electoral é o suficientemente positivo para o MAS, indicando dese xeito o final da República e a consolidación do Estado Plurinacional, que é o proxecto de cambio impulsado polo partido de Evo Morales, quen dedicou o trunfo aos pobos do mundo que se manteñen na loita contra o imperialismo.
