A Laracha: vídeos da xornada «máis sensibilización, máis medios e máis recursos contra a violencia de xénero»
Posted in A Costa da Morte on 12/24/2009 01:19 a.m. by Xosé Antón Convídovos a ver os vídeos (clicando en ler máis) do acto contra a violencia de xénero no local do BNG da Laracha.
Unha xornada reivindicativa organizada polo BNG da comarca – dentro das Xornadas Nacionais do Bloque Nacionalista Galego de reivindicación de máis sensibilización, máis medios e máis recursos contra a violencia de xénero- e celebrada o pasado mércores 25 de novembro, ás 20:00 horas, baixo o título: O final do conto de fadas.
Pode entenderse pasado de data, tendo en conta que se falou desta xornada nun artigo do mes anterior. Mais todos os días deben ser días contra a violencia machista, xa que a loita contra a violencia de xénero non é prescindíbel, non e algo supérfluo, senón que é fundamental se queremos acadar unha sociedade igualitaria e democrática.
María Rei Vilas, responsábel de Muller e Ensino do BNG da Laracha, presentou o acto e doulle a benvida ás persoas asistentes no nome das persoas que participaron na realización desta xornada.
Continuou coa quenda de intervencións Irene Medín Blanco, responsábel local de Galiza Nova, que comezou reivindicando un dereito humano fundamental, que é o dereito das mulleres a vivir sen violencia.
E comezaron, cunha vital interpretación de dúas nenas – Uxía Cotelo Varela, Sabela Mirás Fernandez, – os contos “Rosa caramelo” un conto con final feliz, “Cincenta non quería comer perdices” e finalizou Antía de la Fuente Rey cunha intensa representación sobre “O final do conto de fadas”.
Rematándose o acto cunha proxección didáctica sobre a violencia de xénero. Read the rest of this entry »