Un inxusto orzamento precariza os servizos sociais na Laracha (2ª parte)
Posted in A Costa da Morte on 12/22/2009 12:56 a.m. by Xosé Antón Dicir que os orzamentos son moi malos é pouco; son peores, con diferenza, a outros anos. E non só por que as
partidas orzamentarias sexan baixas, que o son, senón que a mala distribución por capítulos e as consecuencias derivadas de anos anteriores levaron a manter un deseño dunha recadación irreal, fantasiosa. Isto indica o mal camiño seguido por José Manuel López Varela e resto de concelleiros do PP ao longo dos anos, ao basear só os ingresos propios do orzamento municipal nas licencias urbanísticas.
Isto agrávase diante da actitude negativa do PP na Xunta de Galiza, xa que os principais recortes dos orzamentos galegos aparecen no capítulo 4, de gasto social, que baixan un 3,4% e no capítulo 6, de investimentos reais, un 14,4% menos, mentres que as transferencias aos concellos diminúen un 7,7%. Read the rest of this entry »