Archive for Decembro 14th, 2009

Un inxusto orzamento precariza os servizos sociais na Laracha (1ª parte)

Non sería inxusto, atendendo á información que se publica na Web do BNG da Laracha,  catalogar a aprobación do orzamento do 2.010 como un acto simbólico no cal se expresan as malignas  condutas a desenvolver por parte do Partido Popular no goberno municipal. É dicir, a imposición, por parte dun enfebrecido goberno municipal, de conceptos economicistas disecados con considerábeis efectos perniciosos para a  maioría da sociedade larachesa.

A falla de sentidiño do orzamento do 2.010 pásalle como ao universo: é infinito e en expansión. E realimentándose  da anulación dos dereitos e da igualdade de oportunidades. Mentres as necesidades das maiorías sociais se incrementan, as gañas do goberno da Laracha en buscar solucións tenden a cero.

Os cartos non recaen en cubrir as necesidades educativas, culturais e socias evidentes neste concello e buscar novas metas para a promoción nun positivo entorno socioeducativo. O nulo compromiso social do Partido Popular queda demostrado ao  adicar unha ridícula partida de 10.000 euros para emerxencia social (a metade que para publicidade e propaganda). Read the rest of this entry »