Un pirata en Sudamérica: o eurodeputado Johannes van Baalen, presidente da Internacional Liberal

Como un “pirata holandés e lercho” cualificou o presidente de Nicaragua, Daniel Ortega, ao eurodiputado Johannes Eurodiputado Johannes van Baalen, pirata holandés e lerchovan Baalen, presidente da Internacional Liberal, quen sinalou que durante a súa visita a esa nación centroamericana sostivo reunións con altos mandos do exército local.

Ortega revelou que o obxectivo desta reunión era ‘persuadir ás forzas armadas de cometer un golpe militar, igual a como o fixeron os militares hondureños’, apuntou unha nota do sitio nicaraguano en internet el pueblo presidente.

Co pretexto de felicitar ao Exército nicaraguano, o eurodiputado van Baalen solicitou unha reunión co sector castrense, indicou o presidente Ortega, pero a realidade era coñecer ata onde os seus altos xefes militares podían ser convencidos de emular aos seus colegas hondureños.

Quería coñecer ata onde o Exército noso tiña a mesma actitude do exército de Honduras, pero se atopou cunha actitude patriótica, unha actitude dentro das leis e de rexeitamento de parte do noso Exército, que é a mesma política do Estado nicaraguano…
Estaba falando para ver se atopaba un Exército como o de Honduras, e logo trasladouse a Honduras, onde nomeou ao golpista que se di presidente como vicepresidente da Internacional Liberal”, sinalou o comandante Ortega.

“Hai que porlle atención porque aí veñen os golpes, vese que a Internacional Liberal estaba empeñada en propiciar e fortalecer e premiar aos golpistas, e aquí veu falarnos de democracia o pirata holandés, o lercho que veu profanar o noso territorio.”

 
Pois resulta totalmente certo o afirmado polo presidente Nicaraguano, ese eurodiputado holandés da demócrata Europa e presidente da Internacional Liberal, Hans Van Baalen, anunciou hai uns días que se nomeou como vicepresidente desta institución ao gobernante golpista de Honduras, o empresario Roberto Micheletti: “Foi un pracer dicirlle ao presidente Micheletti que o congreso do a Internacional Liberal hai dúas semanas elixiuno como un dos seus vicepresidentes”, afirmou Van Baalen nunha rolda de prensa tras unha reunión na Casa de Goberno en Tegucigalpa co empresario golpista.

uribe narco foi acusado de ter contactos coa narco - políticaQueda claro que o liberalismo, o ultraconsevadurismo, ou sexa o Imperialismo contraataca con todas as forzas e medios cos que dispón, que non son poucos. Dentro de nada haberá novas moi interesantes e perigosas!  pois semella  que non lles chega co acordo militar co chamado “narco-estado colombiano”. E iso que as sete novas bases  permítelle aos USA  redimensionar operacións militares, labores de intelixencia, radioelectrónica, establecemento de novas frontes para a cuarta flota e o despregamento estratéxico de Estados Unidos e Colombia sobre calquera  país veciño. Nese contexto, os oficiais, soldados ou mercenarios norteamericanos terán inmunidade xudicial no cumprimento das súas funcións cos mesmos privilexios de funcionarios diplomáticos da embaixada, licenza que lles permite actuar con absoluta impunidade a través de/ en Colombia.

 Igual que a base militar de Palmerola,  base de operacións dos norteamericanos en Honduras e que, comAs garras do imperio no golpe militar en Honduraso sinalou o comandante Ortega, é unha base do imperialismo estadounidense que mantén o apoio aos golpistas hondureños. Algo que moitos gobernantes de América do Sur confirman.

E logo, cantos gobernantes europeos e españois acusan ao sagrado imperio ou erguen á voz sobre iso? Ui! Non me lembraba. Se o que realmente molesta son os movementos de liberación nacional, de dignidade, o nacionalismo , a esquerda…  Xa nos din os periódicos de difusión masiva (la voz de los amos) o que temos que saber, para que temos que preocuparnos?

 

Deixa unha resposta