Recuperando o blogue
Publicado en Galiza o 16/11/2009 01:35 por Xosé AntónPouquiño a pouco estou a recuperar o meu blogue dunha desfeita considerábel no servidor de internet. Coa grand
e axuda de Lalo, o informático de cabeceira, que está a resucitar os textos que pode, aínda que se perderon todas as fotos subidas. Tamén, pouco a pouco, haberá que facer de novo toda a parte gráfica que tiña deseñada e irei modificando o aspecto actual da páxina.
Sabiades que Prensa Latina publica unha investigación do Centro para a Política Responsable na que se revela que 237 membros do Congreso de Estados Unidos son millonarios? Un 44% do total dos lexisladores!
Mentres que no Congreso un 44% dos lexisladores son millonarios, só o 1% dos 300 millóns de norteamericanos entra nesa cualificación.
A porcentaxe de pobres é elevada. Segundo cifras oficiais, neste país hai máis de 40 millóns de persoas que viven na pobreza e unha cifra similar carece de seguro médico.
O republicano de California, Darrell Issa, é o representante máis rico, cun patrimonio estimado en pouco máis de 250 millóns de dólares. Outros sete (polo menos) posúen unha fortuna que supera os 100 millóns de dólares. Entre eles destacan os senadores demócratas John Kerry, Jay Rockefeller, Herb Kohl e Frank Lautenberg.
Veña, que son representativos da sociedade estadounidense. Ah! Pero se cadra os estadounidenses non o saben. Ou si! Saben a quen votaron, mais non saben que votaron.
Home, como na Galiza! Tamén é casualidade:
Un parlamento con maioría de conservadores (e ultra – conservadores) apoia un goberno da mesma ideoloxía que manda nun país onde as maiorías sociais sofren unha política ultraliberal que baixa as partidas económicas destinadas á sanidade e á educación por primeira vez na historia do goberno galego.
Como dixo Guillerme Vázquez, os orzamentos do 2010 “non dan resposta ás necesidades do noso país, pois non serven para modificar o modelo produtivo nin recollen unha aposta pola economía do coñecemento e tampouco serven para impulsar os sectores produtivos do país” ao tempo que reclamou “unha política orzamentaria que non abra máis a porta á privatización dos servizos públicos”.
A pesar da ppropaganda gubernamental, a través dos masivos medios de (in)comunicación, que apresentou as contas do 2.010 como as dos orzamentos sociais, non son máis que o reflexo do que é o goberno de Feijóo: o desgobernoTUCSIM da parálise e da inacción.
Ah, claro! É que os intereses de clase dos que gobernan Galiza non son os mesmos intereses que os da maioría social. E estes saben a quen votaron, mais semella que non saben o que votaron.
11/17/2009 at 00:16
ben certo é, como tamén é certo que mentras que a moitos nos horroriza chegar a ser un paíscomo eeuu, moitos cren que iso sería exactamente o mellor que nos podía pasar.. e si, saben o que votaron, e ven eeuu como a terra prometida pero non saben o que votaron, nin saben como é realmente ese país que eles cren o paraíso