Archive for Novembro, 2009

Ansias de vinganza no PP

O BNG cuestionou a legalidade dos despedimentos de 61 das traballadoras as oficinas I+B do Consorcio Galego de Benestar, considerando que nun ano van estar privatizadas.
O portavoz parlamentar do BNG no Parlamento Galego lembrou que fronte ás palabras de López Abella, que logo tivo que rectificar, as oficinas de I+B non son oficinas de emprego do BNG senón departamentos xestionados por profesionais que, ademais, superaron unha proba de acceso.

Hoxe, igual que outros proxectos do BNG que axudaron a facer país e que, coa chegada do PP ao goberno, camiñan cara o desmantelamento,  subimos ao blogue o asunto das oficinas I+B  creadas polo bipartito. Por vez primeira, e a través do Consorcio Galego de Servizos Sociais, permitiron que se fixeran políticas de I+B en moitos pequenos concellos do rural, a través das oficinas locais e comarcais, como as de Bergantiños, que colaboraron coas localidades con recursos insuficientes para  aplicalas por si mesmos.

 

Investimento social e comparativas

cubainformacion.tv

Días antes da avaría no servidor de internet, que produciu unha verdadeira desfeita neste blogue, falabamos dos  orzamentos para o ano 2.010 da Xunta de Galiza.

 Das declaracións dos responsábeis políticos que recollín aquí, podíase resumir que este presuposto estaba   falto de realismo, é privatizador e antisocial. Advertía o BNG de que os principais recortes dos orzamentos galegos aparecen no capítulo 4, de gasto social, que baixan un 3,4% e no capítulo 6, de investimentos reais, un 14,4% menos, mentres que as transferencias aos concellos diminúen un 7,7%.

 Denunciaba o BNG que  a diminución do investimento público, tenta compensala o Goberno de Feijóo coa privatización de infraestruturas sanitarias e de comunicación, creando unha auténtica hipoteca para a sanidade pública galega. Tamén facían fincapé no descenso dun 20% do orzamento para normalización lingüística, do 14% en cultura, ou do 22,8% en políticas de vivenda, no recorte en políticas de atención á discapacidade, na loita contra a pobreza e exclusión social, ou nas políticas activas de emprego, que baixan un 9% xustamente nun ano no que vai medrar o número de parados.

 Non me resisto a comparalo (e non pola cantidade económica, senón polo fins a que se adican as distintas partidas orzamentarias) co que aprobou o goberno bolivariano de Venezuela. Entre os obxectivos sociais, pode parecernos  rechamante que se busque garantir un proceso educativo propiamente indíxena: A Universidade Indíxena.

Desde a chegada ao poder da Revolución Bolivariana abríronse xuridicamente, por primeira vez en Venezuela, a porta a moitos procesos de corte revolucionario. Entre outros, o artigo 121 da Constitución bolivariana recoñece aos pobos indíxenas o dereito a unha educación e cultura propia. Este concepto de autonomía nace da necesidade indíxena de afirmarse culturalmente. O apoio económico para a creación da Universidade Indíxena non constitúe unha claudicación ao goberno, que é o que lles está pasando aos pobos indíxenas en moitos países.

 Dese xeito, e pesar da crise económica que golpea a gran parte dos países do mundo, o investimento social, dirixido á redución da pobreza e á mellora da calidade de vida dos venezolanos, representa 45,7% do orzamento para o exercicio fiscal 2010, cun monto total  de 159 mil 410 millóns de bolívares. Read the rest of this entry »

 

Un pirata en Sudamérica: o eurodeputado Johannes van Baalen, presidente da Internacional Liberal

Como un «pirata holandés e lercho» cualificou o presidente de Nicaragua, Daniel Ortega, ao eurodiputado Johannes Eurodiputado Johannes van Baalen, pirata holandés e lerchovan Baalen, presidente da Internacional Liberal, quen sinalou que durante a súa visita a esa nación centroamericana sostivo reunións con altos mandos do exército local.

Ortega revelou que o obxectivo desta reunión era ‘persuadir ás forzas armadas de cometer un golpe militar, igual a como o fixeron os militares hondureños’, apuntou unha nota do sitio nicaraguano en internet el pueblo presidente.

Co pretexto de felicitar ao Exército nicaraguano, o eurodiputado van Baalen solicitou unha reunión co sector castrense, indicou o presidente Ortega, pero a realidade era coñecer ata onde os seus altos xefes militares podían ser convencidos de emular aos seus colegas hondureños.

Quería coñecer ata onde o Exército noso tiña a mesma actitude do exército de Honduras, pero se atopou cunha actitude patriótica, unha actitude dentro das leis e de rexeitamento de parte do noso Exército, que é a mesma política do Estado nicaraguano…
Estaba falando para ver se atopaba un Exército como o de Honduras, e logo trasladouse a Honduras, onde nomeou ao golpista que se di presidente como vicepresidente da Internacional Liberal”, sinalou o comandante Ortega.

“Hai que porlle atención porque aí veñen os golpes, vese que a Internacional Liberal estaba empeñada en propiciar e fortalecer e premiar aos golpistas, e aquí veu falarnos de democracia o pirata holandés, o lercho que veu profanar o noso territorio.”

 
Pois resulta totalmente certo o afirmado polo presidente Nicaraguano, ese eurodiputado holandés da demócrata Europa e presidente da Internacional Liberal, Hans Van Baalen, anunciou hai uns días que se nomeou como vicepresidente desta institución ao gobernante golpista de Honduras, o empresario Roberto Micheletti: Read the rest of this entry »

 

O Imperio desatou unha campaña de desprestixio internacional contra Venezuela

Desatouse unha campaña de desprestixio internacional, por parte do goberno colombiano e de EE.UU, contraMural bolivariano Che Guevara, Simón Bolívar e Hugo Chávez Venezuela cando o goberno da República Bolivariana de Venezuela denunciou que a presenza de 7 novas bases militares USA en Colombia formaban parte de todo un plan dun sector da oligarquía de Colombia – usada como instrumento do Pentágono – para desestabilizar a Revolución Bolivariana. Dese xeito desestabilizará a Venezuela e, pola vía de desestabilizar a Revolución Bolivariana, intentar imprimirlle dificultades aos procesos de independencia, soberanía, dignidade, de transformación social que hoxe vive Sudamérica enteira.

 Como consecuencia dunha inxerencia estadounidense, os países suramericanos sufrirían distintos tipos de agresións por parte do Imperio (utilizando como plataforma a Colombia).

 O primeiro que puidemos percibir foi o ataque mediático contra Venezuela, sen recoñecer nin tan sequera os necesarios e positivos procesos de transformación social. Agora culpabilizan a Hugo Chávez de crear tensión e buscar a guerra por denunciar  a presencia das bases USA.

 Tamén no estado español recibe  un masivo ataque mercenario pseudo – periodístico desde as páxinas de distintos medios de comunicación. Xa non é só La Sexta, está TVE, El País, La Voz de Galicia, El Mundo e outros do mesmo estilo terxiversando a realidade vergoñosa e inmoralmente.
Como dixo o ministro venezolano Nicolás Maduro, neste momento da historia, calar a verdade, disimulala, tapala, máis que covardía é complicidade co Imperio. Read the rest of this entry »

 

Recuperando o blogue

Pouquiño a pouco estou a recuperar o meu blogue dunha desfeita considerábel no servidor de internet. Coa granddebuxo de Castelaoe axuda de Lalo, o informático de cabeceira, que está a resucitar os textos que  pode, aínda que se perderon todas as fotos subidas. Tamén, pouco a pouco, haberá  que facer de novo toda a parte gráfica que tiña deseñada e irei modificando o aspecto actual da páxina.

Sabiades que Prensa Latina publica unha investigación do Centro para a Política Responsable na que se revela que 237 membros do Congreso de Estados Unidos son millonarios? Un 44% do total dos lexisladores!

Mentres que no Congreso un 44% dos lexisladores son millonarios, só o 1% dos 300 millóns de norteamericanos entra nesa cualificación.

A porcentaxe de pobres é elevada. Segundo cifras oficiais, neste país hai máis de 40 millóns de persoas que viven na pobreza e unha cifra similar carece de seguro médico.
O republicano de California, Darrell Issa, é o representante máis rico, cun patrimonio estimado en pouco máis de 250 millóns de dólares. Outros sete (polo menos) posúen unha fortuna que supera os 100 millóns de dólares. Entre eles destacan os senadores demócratas John Kerry, Jay Rockefeller, Herb Kohl e Frank Lautenberg.

Veña, que son representativos da sociedade estadounidense. Ah! Pero se cadra os estadounidenses non o saben. Ou si! Saben a quen votaron, mais non saben que votaron.

 Home, como na Galiza! Tamén é casualidade: Read the rest of this entry »