O incumprimento da Lei da Memoria Histórica por parte do goberno municipal da Laracha

O incumprimento da Lei da Memoria Histórica por parte do goberno  municipal da Laracha non é aceptábel. Será quePlaca retirada do militar franquista Carrero Blanco en Caión por iso algúns cidadáns consideraron axeitado tomarse a xustiza pola súa man ao retirar da placa dedicada ao almirante Carrero Branco (ese militar golpista que ía ser o sucesor do ditador Francisco Franco) na vila mariñeira de Caión. Segundo argumentan estes viciños nun texto remitido a un xornal “ningunha persoa que non respecte os dereitos humanos, democráticos e políticos merece ser honrada publicamente”.

O PP defendérase desas acusacións nun pleno alegando que “Nós non honramos nin homenaxeamos a ningún ditador” en palabras do alcalde, José Manuel López Varela, á vez que asegurou que a súa intención de cumprir as súas obrigacións legais, aínda que matizou que a lei non establece prazos para realizar esa retirada e eludiu aclarar cando a fará, confirmando a hipocresía das súas palabras.

 

“Nós non puxemos eses nomes”, dixeron outros concelleiros populares da Laracha. E logo que outro partido gobernou desde a ditadura no concello?

Como reclamara o BNG da localidade, agardamos que non se converta nun dos últimos redutos onde se  honra a fascistas cos nomes de rúas e prazas, cando a propia lei da memoria histórica obriga a retirar eses símbolos.

O BNG presentara unha moción reclamando a retirada da simboloxía franquista do concello da Laracha. Esta moción, que se levou ao Pleno o pasado día 30 de setembro, topouse, como en pasadas lexislaturas, co rexeitamento do grupo de goberno conservador. Mais permite na actualidade dar continuidade á campaña que o BNG desenvolveu, e pola que xa se levan recollido un importante número de apoios das veciños e veciños da Laracha, que coma moitos de nós, están fartos de aturar a vergoña de honrar aos represores na “Praza do Generalísimo Franco” da Laracha e a “Rúa Carrero Blanco” en Caión.

26 de decembro de 2007 foi aprobada a chamada “Lei da Memoria Histórica”, que establece no seu artigo 15 o seguinte: “As administracións públicas, no exercicio das súas competencias, adoptarán as medidas oportunas para a retirada de escudos, insignias, placas e outros obxectos ou mencións conmemorativas de exaltación, persoal ou colectiva, da sublevación militar, da Guerra Civil e da represión da Ditadura”.

O concello da Laracha é, a día de hoxe, un dos poucos concellos nos que seguimos “honrando” aos máximos reponsábeis da sublevación militar e da represión da ditadura franquista.

Non se pode entender a actitude do Partido Popular que leva varias lexislaturas  rexeitando as propostas de retirada da simboloxía franquista, e insiste en manter o concello da Laracha como un dos últimos redutos onde se honra aos fascistas con nomes de rúas e prazas.

 

Deixa unha resposta