O Imperio desatou unha campaña de desprestixio internacional contra Venezuela
Publicado en Mundo o 17/11/2009 01:43 por Xosé AntónDesatouse unha campaña de desprestixio internacional, por parte do goberno colombiano e de EE.UU, contra
Venezuela cando o goberno da República Bolivariana de Venezuela denunciou que a presenza de 7 novas bases militares USA en Colombia formaban parte de todo un plan dun sector da oligarquía de Colombia – usada como instrumento do Pentágono – para desestabilizar a Revolución Bolivariana. Dese xeito desestabilizará a Venezuela e, pola vía de desestabilizar a Revolución Bolivariana, intentar imprimirlle dificultades aos procesos de independencia, soberanía, dignidade, de transformación social que hoxe vive Sudamérica enteira.
Como consecuencia dunha inxerencia estadounidense, os países suramericanos sufrirían distintos tipos de agresións por parte do Imperio (utilizando como plataforma a Colombia).
O primeiro que puidemos percibir foi o ataque mediático contra Venezuela, sen recoñecer nin tan sequera os necesarios e positivos procesos de transformación social. Agora culpabilizan a Hugo Chávez de crear tensión e buscar a guerra por denunciar a presencia das bases USA.
Tamén no estado español recibe un masivo ataque mercenario pseudo – periodístico desde as páxinas de distintos medios de comunicación. Xa non é só La Sexta, está TVE, El País, La Voz de Galicia, El Mundo e outros do mesmo estilo terxiversando a realidade vergoñosa e inmoralmente.
Como dixo o ministro venezolano Nicolás Maduro, neste momento da historia, calar a verdade, disimulala, tapala, máis que covardía é complicidade co Imperio.
O cínico goberno de Bogotá (imitando ao guerreiro goberno de Israel) levou as «ameazas de guerra» de Venezuela ante o Consello de Seguridade da Organización de Nacións Unidas (ONU), reflectindo a hipocrisía da oligarquía colombiana, pois Colombia é o único que emprendeu na historia recente unha acción de guerra na rexión, ao atacar a Ecuador en marzo de 2008.
Son uns hipócritas os representantes do goberno colombiano pois o Xefe de Estado, Hugo Chávez, fixo un chamado aos militares e pobo venezolano para que estivesen preparados ante a ameaza que representan as sete bases militares estadounidenses que están sendo instaladas en Colombia. Isto non é unha declaración de guerra, senón unha medida de precaución para a protección da soberanía.
Debemos lembrarnos que en Sudamérica están operando 18 bases militares norteamericanas das cales 7 localízanse en Colombia, o que totaliza que en 40 países do mundo atópense activas 865, cun investimento anual de 250 mil millóns de dólares para a defensa dos intereses de EE.UU.
O acordo militar colombo-norteamericano é soamente un compoñente do arsenal de accións que o Imperio utilizará para intervir máis profundamente no caso venezolano (e en máis países con gobernos de esquerdas, sobre todo Nicaragua, Bolivia, Ecuador, Cuba ou contra o mesmo Brasil e Arxentina) como ocorreu no recente golpe militar de Honduras.
Ademais das bases USA, o paramilitarismo e o narcotráfico da fronteira do país veciño (Colombia) buscan a creación dun forte conflito interno en Venezuela que debe ser enfrontado con enfoques que deixen de ser puntuais. O goberno Bolivariano terá que enfrontarse ao problema da permeable fronteira e non só coa defensa no ámbito militar ou policial, para impedir a presenza de paramilitares colombianos que cruzan a fronteira para crear situacións de violencia nas que se inclúen a extorsión e o asasinato. Débese incidir, como recomendan os expertos, en áreas económicas e sociais da fronteira. Non se debe esquecer que se fala da presencia de 7 millóns de colombianos en territorio venezolano, que saíron do seu país de orixe por razóns de inseguridade.
O goberno venezolano ten que analizar todos os flancos e se non o fai incorrería nun gravísimo erro», advertiu o xornalista ( ex- vicepresidente venezolano) José Vicente Rangel no seu programa dominical de Venezolana de Televisión, pero diso nada saben os espectadores das televisións nin os lectores dos xornais españois se só fan caso ás (des)informacións que reciben da “prensa” española.