máis sensibilización, máis medios e máis recursos contra a violencia de xénero.

Lembra o BNG que a erradicación da violencia de xénero e das desigualdades entre homes e mulleres debe ser unha

Necesidade de máis sensibilización, máis medios e máis recursos contra a violencia de xénero.

Necesidade de máis sensibilización, máis medios e máis recursos contra a violencia de xénero.

 prioridade para as nosas e os nosos gobernantes, e non podemos permitir que a actual crise económica supoña o sacrificio das medidas encamiñadas á superación das discriminacións sufridas polas mulleres, baixo a escusa da austeridade económica. A loita contra a violencia de xénero non é prescindíbel, non e algo supérfluo, senón que é fundamental se queremos acadar unha sociedade igualitaria e democrática.

O nacionalismo, como dixo Guillerme Vázquez,  é ante todo a paixón pola igualdade, igualdade entre nacións, igualdade social, igualdade entre xéneros. Por iso desde o Bloque Nacionalista Galego  non se deixa de reivindicar máis sensibilización, máis medios e máis recursos contra a violencia de xénero.

 

Dentro desta reivindicación, organizouse  un acto contra a violencia de xénero no local do BNG da Laracha o mércores 25 de novembro, ás 20:00 horas, baixo o título: O final do conto de fadas.

Presentou o acto e doulle a benvida  ás persoas asistentes María Rei, responsábel de Muller e Ensino do BNG da Laracha, no nome das persoas  que participaron na realización desta xornada reivindicativa.

Comezou dicindo que o Bloque Nacionalista Galego ven realizando ao redor do 25 de novembro este tipo de actividades para amosar o noso compromiso coa loita contra a violencia de xénero e a favor da igualdade real entre mulleres e homes. Pois é  de vital importancia que as mulleres e homes galegos non calemos ante a situación que se está a dar no noso país co goberno do Partido Popular.

Onte mesmo o PP no Parlamento Galego votou en contra dunha Moción do BNG que pedía que a Xunta de Galiza puxera en marcha as medidas contempladas na Lei de 2007

 

un Goberno que está destruíndo as iniciativas a favor da igualdade e contra a violencia de xénero que puxo en marcha o Goberno Bipartito:

1. Redución dos recursos para o programa de voluntariado Rodela, de acompañamento ás mulleres vítimas de maos tratos;

2.  A paralización do plano de atención psicolóxica dentro da sanidade pública ás vítimas da violencia de xénero;

3. A paralización da plataforma de teleformación para os profesionais.

4. O despedimento de 61 traballadoras das equipas de igualdade oficinas de I+B “que viñan realizando un traballo extraordinario.

Dentro destes despedimentos tamén se inclúen as dúas técnicas que realizaban asesoramento xurídico no Centro de Emerxencias de Vigo.

 En Bergantiños concretamente, as técnicas de igualdade e benestar de Carballo que agora van á rúa realizaron actividades con mulleres  en  entidades de toda a comarca.

Programas de formación para a igualdade nos institutos. O labor que están a realizar co alumnado  de 2º de ESO no IES Agra de Leborís, vese agora truncado polo despedimento destas mulleres.

Co programa Tempos de Mulleres posto en marcha polo BNG na Xunta centos de mulleres do rural principalmente despuxeron  por primeira vez de espazos e tempo propio para afrontar e debater os temas que como mulleres nos afectan e gozar dun pouco de tempo libre. Na Laracha en concreto máis de 50 mulleres mulleres se beneficiaron de eses programas.

Se alguén poidera pensar que estes despedimentos responden a políticas de austeridade en tempos de crise, advertir que para substituír os programas que levaban a cabo desde a oficina de Carballo, están sendo sustituídas por empresas privadas contratadas a dedo  polo goberno do PP, algunhas delas dirixidas por homes para dar unhas charlas ás mulleres, ou médicas privadas que en perfecto español chaman de la Junta de Galicia para ofertarnos charlas sobre salud femenina.

Supoño que trataría do necesario que é meter no cárcere ás mulleres que se ven na necesidade de interromper o seu embarazo.

“Teñen moito que rectificar se queren ter credibilidade na loita contra a violencia de xénero”

Continuou coa quenda  de  intervencións Irene Medín Blanco, responsábel de Galiza Nova, que  comezou reivindicando un dereito humano fundamental, que é o dereito das mulleres a vivir sen violencia. A violencia non é tolerábel nen compatibel cunha sociedade democrática . Criticou ao Goberno liderado por Feijoo e afirmou que de nada vale facer loubanzas e declaracións a prol da igualdade se iso non se demostra con feitos concretos e os feitos da actual Xunta de Galiza non son moi alentadores.

 

 E comezaron, cunha intensa interpretación de tres nenas – Uxía Cotelo Varela, Sabela Mirás Fernandez, e Antía de la Fuente Rey-  os contos “Rosa caramelo” un conto con final feliz, “Cincenta non quería comer perdices” e  “O final do conto de fadas”.

Rematouse o acto cunha proxección sobre a violencia de xénero.

 

 

 
 
 
 
 
 
 

 

 

Deixa unha resposta