Israel asasinou a 7.400 palestinos e destruíu máis de 10.000 vivendas na invadida Palestina

 

Informa a ONG israelí Betselem que durante un período de vinte anos as invasoras forzas militares israelís mataron a case sete mil 400 palestinos -máis de mil 500 deles nenos- e destruíron máis de 10 mil vivendas.
Precisamente, antonte as asasinas forzas israelís  feriron a dez palestinos en tres bombardeos contra o sur, o centro e o norte da Franxa de Gaza.

 Betselem tamén denunciou que, desde o seu nacemento en 1989 (hai 20 anos), o número de colonos xudeus que estableceron a súa residencia nos territorios ocupados pasou dos 69.000 a preto de 420.000, con 300.000 instalados en Cisxordania e preto de 120.000 en Xerusalén Oriental, o que constitúe un dos principais escollos para alcanzar un acordo de paz.

A información desta ONG fíxose pública nun momento no que o partido político palestino Hamas, que controla a Franxa de Gaza, negocia co goberno de Israel a entrega do soldado israelí Gilat Shalit a cambio de palestinos encarcerados.

Pola liberación de Shalit, capturado pola organización palestina hai máis de tres anos, Hamas  agarda recuperar a centenares de palestinos que se atopas nos cárceres israelís.

A liberación de Shalit tamén é considerada como unha condición crave para o levantamento do bloqueo imposto polo goberno de Israel contra o enclave palestino cunha poboación de 1,5 millóns de persoas.

«As negociacións avanzaron», dixo un dos líderes de Hamas ao diario israelí Haaretz, tras engadir que os detalles do troco poden ultimarse o vindeiro venres.

Dirixentes de Hamas de Gaza e Siria teñen prevista unha reunión no Cairo, e se as partes chegan a un acordo, a liberación do soldado israelí será unha cuestión de días, informou hoxe canle de televisión al arabiya
que destacou os avances da negociación, que se leva a cabo coa mediación de Exipto e Alemaña.

 

Deixa unha resposta