AchegArte. A Cultura que facemos, a Cultura que queremos
Publicado en Galiza o 27/11/2009 00:59 por Xosé AntónEsta fin de semana, todas e todos temos unha cita para non eludir. A Consellería de Cultura do ultra – conservador
(des)goberno Feijoo, entre as moitos medidas antigalegas, retirou o seu apoio ao Culturgal, a grande festa da cultura galega que o nacionalismo puxera en marcha desde o goberno galego. A pesar de Feijoo e o seu TUCSIM- Clube, o Concello da Coruña, centos de persoas voluntarias e o traballo desinteresado das xentes do mundo da cultura poñen a dispor de todos o AchegArte, unha oferta máis humilde, pero semellante no fondo e na forma, que debemos respaldar para demostrarlle ao goberno galego que hai cultura na Galiza e que ten o apoio de toda a xente do país.
Podes Achegarte esta fin de semana á Coruña. Para non perdelo!
AchegArte
A cultura que facemos. A cultura que queremos
Esta fin de semana (sábado 28 e domingo 29 de novembro) ten lugar en Palexco, na Coruña, a feira AchegArte, que reunirá os mellores produtos e servizos culturais galegos dos ámbitos da música, da literatura, do audiovisual, das artes escénicas, da xestión sociocultural, etc.
En AchegArte seguro que poderás descubrir, coñecer e mercar a mellor e máis vangardista e de calidade creatividade galega.
PRETO DE 100 ENTIDADES…
…estarán na feira difundindo o seu traballo, os seus produtos, os seus servizos: editoriais, librarías, produtoras musicais, discográficas, asociacións profesionais, asociacións culturais, compañías de teatro e danza, produtoras audiovisuais, etc.
MÁIS DE 100 ACTIVIDADES…
…a todas horas e para todos os públicos, con concertos como os de Xabier Díaz, Roi Casal, Mamá Cabra, Bonovo, Luar na Lubre, etc.; actividades escénicas como as de Chévere, Femme Fatale, Teatro do Morcego, Talía, Manicómicos, etc.; proxeccións audiovisuais; obradoiros de maxia, graffiti, banda deseñada, ilustración, teatro, etc.; presentacións de libros, discos, proxectos, etc.
o programa completo, podes descargalo na rede en: http://acorunacultura.org/2009/11/23/hoxe-presentouse-o-programa-completo-de-achegarte/
E, ademais, a entrada é de balde!
Non podes faltar. Achégate e difunde esta feira!
AchegArte. A cultura que facemos. A cultura que queremos, está organizada pola Concellaría de Cultura do Concello da Coruña e naceu debido á suspensión en 2009 do Cultur.gal por parte da Xunta de Galiza.
HORARIO
Sábado 28: de 10.30 h a 14.30 h e de 16.30 h a 22.00 h
Domingo 29: de 10.30 h a 14.30 h e de 16.30 h a 21.00 h
