Archive for Novembro 30th, 2009

Honduras: crónica dunha farsa electoral anunciada

 

Este domingo 29 de novembro  produciuse  unha farsa electoral en Honduras, iniciándose dese xeito a segunda etapa goriletti e o Imperio unidos contra a democraciadun golpe de estado promovido polo Imperio. En palabras do presidente venezolano, Hugo Chávez, a nova técnica do imperio, o golpe “legal”. Nada que ver co proceso real e verdadeiramente democrático que, tamén este domingo, protagonizou o pobo do Uruguai,  onde os primeiros resultados a pé de urna dan como gañador nas eleccións presidenciais ao candidato de esquerdas da Fronte Ampla (FA), José «Pepe» Mujica con 51,2 por cento dos votos, mentres que o seu principal contrincante, Jorge Alberto Lacalle, obtería o 44, 9 por cento, segundo reportou o enviado especial de teleSUR, Edgardo Esteban.

Os comicios convocados polo réxime  de facto hondureño, cinco meses despois do golpe de estado, experimentaron este domingo unha baixa afluencia de votantes (a abstención real está ao redor do 70 – 75 por cento), cun despregamento militar sen precedentes que foi acompañado de represión contra os que se opoñen pacificamente contra os fraudulentos comicios.

O réxime golpista pretende lexitimar a asonada oligárquico – militar a través das eleccións convocadas con amaño, nunha perigosa manobra que senta un mal precedente na rexión. Tal é así que  Varios países latinoamericanos con gobernos de esquerdas , entre eles Venezuela, Brasil, Arxentina, Ecuador, Paraguai, Bolivia e Nicaragua, anunciaron o seu descoñecemento ao proceso ilegal. Read the rest of this entry »