Archive for Novembro 28th, 2009

O incumprimento da Lei da Memoria Histórica por parte do goberno municipal da Laracha

O incumprimento da Lei da Memoria Histórica por parte do goberno  municipal da Laracha non é aceptábel. Será quePlaca retirada do militar franquista Carrero Blanco en Caión por iso algúns cidadáns consideraron axeitado tomarse a xustiza pola súa man ao retirar da placa dedicada ao almirante Carrero Branco (ese militar golpista que ía ser o sucesor do ditador Francisco Franco) na vila mariñeira de Caión. Segundo argumentan estes viciños nun texto remitido a un xornal «ningunha persoa que non respecte os dereitos humanos, democráticos e políticos merece ser honrada publicamente».

O PP defendérase desas acusacións nun pleno alegando que “Nós non honramos nin homenaxeamos a ningún ditador” en palabras do alcalde, José Manuel López Varela, á vez que asegurou que a súa intención de cumprir as súas obrigacións legais, aínda que matizou que a lei non establece prazos para realizar esa retirada e eludiu aclarar cando a fará, confirmando a hipocresía das súas palabras.

 

“Nós non puxemos eses nomes”, dixeron outros concelleiros populares da Laracha. E logo que outro partido gobernou desde a ditadura no concello? Read the rest of this entry »