Archive for Novembro 26th, 2009

máis sensibilización, máis medios e máis recursos contra a violencia de xénero.

Lembra o BNG que a erradicación da violencia de xénero e das desigualdades entre homes e mulleres debe ser unha

Necesidade de máis sensibilización, máis medios e máis recursos contra a violencia de xénero.

Necesidade de máis sensibilización, máis medios e máis recursos contra a violencia de xénero.

 prioridade para as nosas e os nosos gobernantes, e non podemos permitir que a actual crise económica supoña o sacrificio das medidas encamiñadas á superación das discriminacións sufridas polas mulleres, baixo a escusa da austeridade económica. A loita contra a violencia de xénero non é prescindíbel, non e algo supérfluo, senón que é fundamental se queremos acadar unha sociedade igualitaria e democrática.

O nacionalismo, como dixo Guillerme Vázquez,  é ante todo a paixón pola igualdade, igualdade entre nacións, igualdade social, igualdade entre xéneros. Por iso desde o Bloque Nacionalista Galego  non se deixa de reivindicar máis sensibilización, máis medios e máis recursos contra a violencia de xénero.

 

Dentro desta reivindicación, organizouse  un acto contra a violencia de xénero no local do BNG da Laracha o mércores 25 de novembro, ás 20:00 horas, baixo o título: O final do conto de fadas. Read the rest of this entry »