Recuperando o blogue
Posted in Galiza on 11/16/2009 01:35 am by Xosé AntónPouquiño a pouco estou a recuperar o meu blogue dunha desfeita considerábel no servidor de internet. Coa grand
e axuda de Lalo, o informático de cabeceira, que está a resucitar os textos que pode, aínda que se perderon todas as fotos subidas. Tamén, pouco a pouco, haberá que facer de novo toda a parte gráfica que tiña deseñada e irei modificando o aspecto actual da páxina.
Sabiades que Prensa Latina publica unha investigación do Centro para a Política Responsable na que se revela que 237 membros do Congreso de Estados Unidos son millonarios? Un 44% do total dos lexisladores!
Mentres que no Congreso un 44% dos lexisladores son millonarios, só o 1% dos 300 millóns de norteamericanos entra nesa cualificación.
A porcentaxe de pobres é elevada. Segundo cifras oficiais, neste país hai máis de 40 millóns de persoas que viven na pobreza e unha cifra similar carece de seguro médico.
O republicano de California, Darrell Issa, é o representante máis rico, cun patrimonio estimado en pouco máis de 250 millóns de dólares. Outros sete (polo menos) posúen unha fortuna que supera os 100 millóns de dólares. Entre eles destacan os senadores demócratas John Kerry, Jay Rockefeller, Herb Kohl e Frank Lautenberg.
Veña, que son representativos da sociedade estadounidense. Ah! Pero se cadra os estadounidenses non o saben. Ou si! Saben a quen votaron, mais non saben que votaron.
Home, como na Galiza! Tamén é casualidade: Read the rest of this entry »