Archive for Novembro 2nd, 2009

As receitas do Goberno español e da Xunta perante a crise e as alternativas do BNG

Este sábado asistin a unha interesante xornada sobre os orzamentos da Xunta de Galiza e do estado español.Os relatores das xornadas de formación do BNG Abriu as xornadas o Portavoz Nacional do BNG, Guillerme Vázquez, que apelou a un acordo nacional galego entre as forzas políticas da Galiza para blindar o futuro das caixas galegas, un pacto para que o BNG pon dúas premisas básicas: que os centros de decisión das caixas de aforros queden en Galiza e que se reforme a actual lei de caixas. Incidiu Vázquez en que non nos xogamos neste momento si hai unha caixa galega e outra do sul, unha ou dúas, senón se é galega ou non.

Despois do discurso de apertura do Portavoz Nacional comezaron as conferencias e posterior debate. Algo que en principio semellaba ser unha árida recepción de complexa información fiscal,  resultou ser un amena conferencia na que as didácticas explicacións dos relatores fixeron pasar axiña as horas.

Nesta xornada   denominada “As receitas do Goberno español e da Xunta perante a crise e as alternativas do BNG”, que foi organizada pola secretaría de Formación do BNG, participaron como conferenciantes  o ex-deputado do BNG e economista, Xosé Díaz; o catedrático de Economía da USC, Xabier Vence; o portavoz do Grupo Parlamentar do BNG, Carlos Aymerich, e o portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera.

 

Despois da presentación de Francisco Rodríguez, comezou a intervención Xosé Díaz, quen fixo unha didáctica análise sobre de onde proveñen os recursos públicos. A todas as persoas que asistimos á conferencia sorprendeunos que a  maior parte dos ingresos  do orzamento  proveñen da clase traballadora: Read the rest of this entry »