Posted in Mundo on 11/30/2009 12:44 am by Xosé Antón
Este domingo 29 de novembro produciuse unha farsa electoral en Honduras, iniciándose dese xeito a segunda etapa dun golpe de estado promovido polo Imperio. En palabras do presidente venezolano, Hugo Chávez, a nova técnica do imperio, o golpe “legal”. Nada que ver co proceso real e verdadeiramente democrático que, tamén este domingo, protagonizou o pobo do Uruguai, onde os primeiros resultados a pé de urna dan como gañador nas eleccións presidenciais ao candidato de esquerdas da Fronte Ampla (FA), José “Pepe” Mujica con 51,2 por cento dos votos, mentres que o seu principal contrincante, Jorge Alberto Lacalle, obtería o 44, 9 por cento,segundo reportou o enviado especial de teleSUR, Edgardo Esteban.
Os comicios convocados polo réxime de facto hondureño, cinco meses despois do golpe de estado, experimentaron este domingo unha baixa afluencia de votantes (a abstención real está ao redor do 70 – 75 por cento), cun despregamento militar sen precedentes que foi acompañado de represión contra os que se opoñen pacificamente contra os fraudulentos comicios.
O réxime golpista pretende lexitimar a asonada oligárquico – militar a través das eleccións convocadas con amaño, nunha perigosa manobra que senta un mal precedente na rexión. Tal é así que Varios países latinoamericanos con gobernos de esquerdas , entre eles Venezuela, Brasil, Arxentina, Ecuador, Paraguai, Bolivia eNicaragua, anunciaron o seu descoñecemento ao proceso ilegal.Read the rest of this entry »
O incumprimento da Lei da Memoria Histórica por parte do goberno municipal da Laracha non é aceptábel. Será que por iso algúns cidadáns consideraron axeitado tomarse a xustiza pola súa man ao retirar da placa dedicada ao almirante Carrero Branco (ese militar golpista que ía ser o sucesor do ditador Francisco Franco) na vila mariñeira de Caión. Segundo argumentan estes viciños nun texto remitido a un xornal “ningunha persoa que non respecte os dereitos humanos, democráticos e políticos merece ser honrada publicamente”.
O PP defendérase desas acusacións nun pleno alegando que “Nós non honramos nin homenaxeamos a ningún ditador” en palabras do alcalde, José Manuel López Varela, á vez que asegurou que a súa intención de cumprir as súas obrigacións legais, aínda que matizou que a lei non establece prazos para realizar esa retirada e eludiu aclarar cando a fará, confirmando a hipocresía das súas palabras.
“Nós non puxemos eses nomes”, dixeron outros concelleiros populares da Laracha. E logo que outro partido gobernou desde a ditadura no concello? Read the rest of this entry »
Posted in Galiza on 11/27/2009 12:59 am by Xosé Antón
Esta fin de semana, todas e todos temos unha cita para non eludir. A Consellería de Cultura do ultra – conservador
AchegArte. A Cultura que facemos, a Cultura que queremos
(des)goberno Feijoo, entre as moitos medidas antigalegas, retirou o seu apoio ao Culturgal, a grande festa da cultura galega que o nacionalismo puxera en marcha desde o goberno galego. A pesar de Feijoo e o seu TUCSIM- Clube, o Concello da Coruña, centos de persoas voluntarias e o traballo desinteresado das xentes do mundo da cultura poñen a dispor de todos o AchegArte, unha oferta máis humilde, pero semellante no fondo e na forma, que debemos respaldar para demostrarlle ao goberno galego que hai cultura na Galiza e que ten o apoio de toda a xente do país.
Lembra o BNG que a erradicación da violencia de xénero e das desigualdades entre homes e mulleres debe ser unha
Necesidade de máis sensibilización, máis medios e máis recursos contra a violencia de xénero.
prioridade para as nosas e os nosos gobernantes, e non podemos permitir que a actual crise económica supoña o sacrificio das medidas encamiñadas á superación das discriminacións sufridas polas mulleres, baixo a escusa da austeridade económica. A loita contra a violencia de xénero non é prescindíbel, non e algo supérfluo, senón que é fundamental se queremos acadar unha sociedade igualitaria e democrática.
O nacionalismo, como dixo Guillerme Vázquez, é ante todo a paixón pola igualdade, igualdade entre nacións, igualdade social, igualdade entre xéneros. Por iso desde o Bloque Nacionalista Galego non se deixa de reivindicar máis sensibilización, máis medios e máis recursos contra a violencia de xénero.
Posted in Mundo on 11/25/2009 12:13 am by Xosé Antón
Informa a ONG israelí Betselem que durante un período de vinte anos as invasoras forzas militares israelís mataron a case sete mil 400 palestinos -máis de mil 500 deles nenos- e destruíron máis de 10 mil vivendas.
Precisamente, antonte as asasinas forzas israelís feriron a dez palestinos en tres bombardeos contra o sur, o centro e o norte da Franxa de Gaza.
Betselem tamén denunciou que, desde o seu nacemento en 1989 (hai 20 anos), o número de colonos xudeus que estableceron a súa residencia nos territorios ocupados pasou dos 69.000 a preto de 420.000, con 300.000 instalados en Cisxordania e preto de 120.000 en Xerusalén Oriental, o que constitúe un dos principais escollos para alcanzar un acordo de paz.
A información desta ONG fíxose pública nun momento no que o partido político palestino Hamas, que controla a Franxa de Gaza, negocia co goberno de Israel a entrega do soldado israelí Gilat Shalit a cambio de palestinos encarcerados.
Pola liberación de Shalit, capturado pola organización palestina hai máis de tres anos, Hamas agarda recuperar a centenares de palestinos que se atopas nos cárceres israelís. Read the rest of this entry »