Queremos Galego en Bergantiños
Publicado en A Costa da Morte o 09/10/2009 01:26 por Xosé AntónCoincide a presentación en Bergantiños da plataforma Queremos Galego coa noticia
da confirmación de que a Consellaría de Educación suprimiu para este ano as axudas ao fomento da lingua galega nos centros de ensino.
Tamén co coñecemento da reunión do presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, co presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, para achegarlle diferentes queixas polas «medidas contra o galego» adoptadas por esta administración:
A decisión do organismo provincial de deixar de comprar libros en galego e o financiamento das «cinicamente chamadas Jornadas Bilingües, as primeiras na historia da democracia en todo o Estado nas que unha administración pagou, co diñeiro de todas e todos, os ataques contra a diversidade e a convivencia lingüística.
E con novas revelacións da trama Gürtel!!!
Con que situación se sentirá máis cómodo o PP, financiando xornadas que crean crispación e atacan ao idioma e á cultura galega ou coa información publicada sobre a trama Gürtel?
Como afirma o Portavoz Nacional do BNG, as actuacións de altos cargos do PP son obxecto dunha investigación xudicial que atinxe ao máis alto nível do Partido, desde Camps ao tesoureiro pasando polo entorno da familia Aznar. Esa é a diferenza entre un BNG que se atén escrupulosamente á lei e un PP que monta unha trama de corrupción masiva para financiarse