Iria Aboi, elixida de novo secretaria xeral de Galiza Nova cun apoio masivo

A Asemblea Nacional de Galiza Nova,  que tivo lugar este fin de semana, elixiu  unha nova dirección (formada por 25Iria Aboi persoas ás que se sumarán @s responsábeis eleitos nas comarcas) e fixou ademais o traballo político de Galiza Nova para os próximos dous anos.

 “Alternativa Xuvenil pola Unidade”, encabezada por Iria Aboi Ferradás (novamente elixida secretaria xeral de Galiza Nova) consigue 15 dos 25 postos na nova dirección, grazas a un traballo máis pegado á realidade física que as compañeiras e  compañeiros das outras candidaturas concorrentes. “Proposta Militante”, encabezada por Noa Presas Bergantiños, consigue 5 e  “Entre tod@s, Galiza Nova», encabezada por Inhigo Ansótegui Soares, outros 5.

Visualizouse claramente a vontade de integración en  Galiza Nova ao acordarse que na Permanente da Dirección Nacional estean representadas as tres correntes presentadas (7, 2, 2 respectivamente) .

  Do debate deste proceso sae unha Galiza Nova máis  reforzada para poder facer fronte con máis forza e contundencia ás políticas ultra – conservadoras do PP que tanto dano están a facer á xuventude, un dos sectores máis castigados polas medidas da rancia dereita instalada no actual goberno galego.

Quédalle á organización xuvenil do BNG un intenso traballo ao longo dos vindeiros dous anos. Como dixo Iria Aboi “Galiza Nova, ten que aumentar a súa introdución social, o seu traballo político para o vindeiro periodo”. Todo isto encamiñado a agrandar a influencia do nacionalismo galego entre as mozas e mozos do País e consecuentemente dando resposta aos problemas da mocidade galega e defendendo os dereitos de Galiza como nación”.

Queda claro que Galiza Nova debe, e sen dúbida así o vai facer, reforzar a súa imaxe como organización nacionalista, aberta á mocidade do noso país como organización política da mocidade galega transformadora e útil. E non debe ser só a nivel nacional, pois nas comarcas e concellos tamén é necesario vertebrar un movemento xuvenil comprometido coa liberación nacional e a transformación da nosa sociedade. Pois desde os concellos e comarcas galegas tamén é necesario facer política nacionalista, de país, xa que estamos, como sempre na política, cara unhas novas eleccións, as municipais.

Ligazón á intervención do Portavoz Nacional do BNG, Guillerme Vázquez, e da reelexida Secretaria Xeral de Galiza Nova , Iria Aboi, na clausura da Asemblea Nacional.

 

Deixa unha resposta