A CIA merca unha empresa que monitorea blogues, Twitter, YouTube e Amazon
Publicado en Mundo o 24/10/2009 01:36 por Xosé AntónEva Golinger ofrece a nova evidencia sobre os últimos investimentos da CIA nun negocio dedicado ao monitoreo
e rastrexo de información que aparecen nos medios e redes sociais. Esta empresa, Visible Technologies, vixía cada día máis de medio millón de sitios en internet, revisando máis dun millón de conversacións, foros e posts en diferentes blogues, foros en liña, Flickr, YouTube, Twitter e Amazon.
Os clientes de Visible Technologies reciben información en tempo real sobre o que se está dicindo e facendo no ciberespazo, baseada nunha serie de palabras claves. Esta noticia foi publicada o 19 de outubro na revista WIRED e permíteme abrir unha pequena serie de artigos sobre o uso das novas tecnoloxías para o control da sociedade, que se «vende» como incremento da seguridade para cidadanía.
Eva Golinger é unha avogada, escritora e investigadora venezolano-estadounidense, está dedicada na actualidade á investigación sobre a inxerencia de Estados Unidos de Norteamérica en países de América do Sur. Autora de «O código Chávez» (2005) e «‘Bush vs. Chávez: a guerra de Washington contra Venezuela», os seus libros foron traducidos ao inglés, francés, alemán e italiano. Nacida en EE.UU. pero de familia venezolana, actualmente vive en Venezuela sendo unha destacada defensora da Revolución Bolivariana.
Eva Golinger (tradución ao galego)
Nunha noticia publicada esta semana na revista WIRED, foi revelada que In-Q-Tel, unha empresa inversionista da Axencia Central de Intelixencia de Estados Unidos (CIA), acaba de facer grandes investimentos nun negocio dedicado a monitorear os medios e redes sociais. Esta empresa, Visible Technologies, vixía cada día máis de medio millón de sitios en internet, revisando máis dun millon de conversacións, foros e posts en diferentes blogs, foros en liña, Flickr, YouTube, Twitter e Amazon. Os clientes de Visible Technologies reciben información en tempo real sobre o que se está dicindo e facendo no ciberespazo, baseada nunha serie de palabras craves.
Segundo a revista WIRED, esta nova adquisición da CIA forma parte dun movemento maior dentro da comunidade de intelixencia para mellorar a capacidade de utilizar «fontes abertas de intelixencia» – información que está dispoñible no ámbito público, pero moitas veces escondida en programas de televisión, artigos de prensa, blogs, vídeos en internet e reportaxes en miles de emisoras que se xeran todos os días.
O voceiro de Visible Technologies, Donald Tighe, revelou que a CIA pediulles monitorear aos medios sociais estranxeiros e instalar un sistema de «detección temperá» para informar á axencia de intelixencia sobre «como os asuntos de interese estanse manifestando a nivel internacional». Pero tamén, utilízase a nivel nacional, dentro de Estados Unidos, para monitorear aos bloggers e tweeters domésticos.
Visible tamén fornece un servizo similar a empresas de comunicación, como Dell, AT,Verizon e Microsoft, para informarlles sobre o que están dicindo nos foros de ciberespazo sobre os seus produtos.
A finais do ano 2008, Visible comezou unha colaboración coa empresa consultora de Washington, Concepts& Strategies (Conceptos e Estratexias), que estaba dedicada a monitorear e traducir medios estranxeiros para o Comando Estratéxico do Pentágono e o Estado Maior Conxunto, entre outras axencias estadounidenses. Concepts & Strategies está actualmente recrutando «especialistas en medios sociais» con experiencia no Departamento de Defensa e fluidez en árabe, farsi, francés, urdu ou ruso. A empresa tamén está buscando un «enxeñeiro de seguridade para sistemas informáticas» que foi xa outorgado acceso «Top Secret» pola Axencia de Seguridade Nacional (NSA) de Estados Unidos.
A comunidade de intelixencia tivo un gran interese durante moitos anos nos medios sociais e as redes sociais na internet. In-Q-Tel realizou grandes investimentos en Facebook e outras empresas que reúnen datos e información de millóns de usuarios por todo o mundo. A Dirección Nacional de Intelixencia (DNI) de Estados Unidos mantén o Centro de Fontes Abertas, que está dedicada á busca e o monitoreo de información publicamente dispoñible, pero non sempre atopada con facilidade.
Hai unha semana, o Departamento de Estado patrocinou un evento na Cidade de México chamado o Cume da Alianza de Movementos Xuvenís, reunindo mozos dirixentes políticos afíns aos intereses de Washington cos fundadores e representantes das novas tecnoloxías como Facebook, Twitter e YouTube. A Alianza buscaba «mellorar a capacidade dos mozos políticos para utilizar as novas tecnoloxías para mobilizar as súas organizacións e diseminar información a un público masivo.» Participaron varios dirixentes opositores de Venezuela, como Yon Goicochea e Geraldine Álvarez, coñecidos polos seus vínculos ás axencias de Washington desde hai uns anos. Tamén asistiron, por invitación do Departamento de Estado, os promotores da marcha «Non Máis Chávez» que foi convocada en Facebook durante o mes de setembro 2009 (e que foi un verdadeiro fracaso xa que a realidade supera á ficción, neste caso a acción real á virtualidade).
A unión entre as axencias de Washington, as novas tecnoloxías e os mozos dirixentes políticos seleccionados polo Departamento de Estado, era unha receita para unha nova estratexia de »cambiar réximes». Ademais, ese evento reafirmou o apoio político e financeiro ao movemento de estudantes da oposición de dereitas en Venezuela por parte de Estados Unidos e colocou ante a opinión pública unha evidencia irrefutable da sinistra alianza entre Washington e as novas tecnoloxías.
Agora, coa nova evidencia sobre os últimos investimentos da CIA que permiten o monitoreo e arrastre de información en Twitter, blogs, YouTube e outros foros en ciberespazo, non hai dúbida de que o campo de batalla foi ampliada.
Sen embargo, a comunidade de intelixencia non controla – aínda – todo o contido e fluxo de información no ámbito cibernético. E as mesmas ferramentas que lles serven a eles para minar data e obter información sobre os seus potenciais adversarios, poden ser utilizadas por aqueles que loitan contra as intrusiones imperiais como armas para mobilizar masas e diseminar verdades sobre as súas agresións.