Archive for Outubro 29th, 2009

Os conflitocultores do PP queren empobrecer aínda máis aos pobres

As últimas novas obríganme a deixar un tempo a colaboración nos preparativos do Samaín que Quinta Feira está a organizar para este venres na Laracha (a canda o magosto da Cutareira) para  escribir no blogue, que tan descoidado teño estes días.

Hai tempo lin unha noticia relativa a uns estudos onde uns investigadores comprobaron que os peixes alteran o seufeijonocho esforzo reprodutivo para adaptarse ao ambiente. En ambientes hostís  producían máis embrións no seu ciclo reprodutivo. Isto ten sentido porque con contrarios ao seu redor un non ten tantas oportunidades para reproducirse. En augas menos perigosas producían menos embrións por vez, xa que así a cantidade de recursos gastados para a reprodución é menor.

Iso lle debe pasar ao PP, que dada a dificultade manifesta para ocultar a aceptábel xestión do anterior goberno da Xunta (onde o BNG era o motor dos cambios estructurais), abre moitas frontes de conflitos cun considerábel esforzo reprodutivo  para  incrementar a posibilidade de supervivencia. Read the rest of this entry »