A CIA merca unha empresa que monitorea blogues, Twitter, YouTube e Amazon
Posted in Mundo on 10/24/2009 01:36 a.m. by Xosé AntónEva Golinger ofrece a nova evidencia sobre os últimos investimentos da CIA nun negocio dedicado ao monitoreo
e rastrexo de información que aparecen nos medios e redes sociais. Esta empresa, Visible Technologies, vixía cada día máis de medio millón de sitios en internet, revisando máis dun millón de conversacións, foros e posts en diferentes blogues, foros en liña, Flickr, YouTube, Twitter e Amazon.
Os clientes de Visible Technologies reciben información en tempo real sobre o que se está dicindo e facendo no ciberespazo, baseada nunha serie de palabras claves. Esta noticia foi publicada o 19 de outubro na revista WIRED e permíteme abrir unha pequena serie de artigos sobre o uso das novas tecnoloxías para o control da sociedade, que se «vende» como incremento da seguridade para cidadanía.
Eva Golinger é unha avogada, escritora e investigadora venezolano-estadounidense, está dedicada na actualidade á investigación sobre a inxerencia de Estados Unidos de Norteamérica en países de América do Sur. Autora de «O código Chávez» (2005) e «‘Bush vs. Chávez: a guerra de Washington contra Venezuela», os seus libros foron traducidos ao inglés, francés, alemán e italiano. Nacida en EE.UU. pero de familia venezolana, actualmente vive en Venezuela sendo unha destacada defensora da Revolución Bolivariana. Read the rest of this entry »