Archive for Outubro 23rd, 2009

Os orzamentos presentados polo ultraconservador goberno galego non son austeros, non responden fronte á crise nin teñen carácter social. Os efectos negativos en Bergantiños

Carlos Aymerich_Vitor RecareiAsí analizaron hoxe en rolda de prensa o portavoz parlamentar do BNG, Carlos Aymerich, e o responsábel comarcal, Vítor Recarei,  os orzamentos galegos para o ano 2010 que vén de presentar o actual goberno autonómico.

A comarca de Bergantiños sofre unha involución nos investimentos con respecto aos últimos anos, e as liñas de actuación postas en marcha son freadas polo  actual executivo autonómico sen ofrecer ningunha alternativa.

En palabras de Carlos Aymerich, os orzamentos non cumpren ningunha das tres premisas de que alardea o goberno. Ao contrario do que se di, non son uns orzamentos austeros, xa que se vai ao límite do endebedamento e se aumenta porcentualmente o gasto corrente.

Os orzamentos tampouco ofrecen solucións fronte á crise, asumen unhas altas taxas de desemprego e non deseñan ningún reforzo das políticas activas de emprego, ao tempo que baixa o investimento en solo empresarial.

E tampouco se pode dicir que sexa un orzamento social. Por primeira vez na historia do goberno autonómico, baixa a cantidade destinada aos gastos sanitarios e educativos.Baixada de todo tipo de investimentos: sociais, sanidade, educación...

Ademais de todo o anterior, os orzamentos supoñen unha baixada do investimento real de até un 14%.

A liña política xeral maniféstase tamén na bisbarra de Bergantiños. As grandes liñas de equipamentos sociais postas a andar nos últimos anos de goberno bipartito (galescolas, centros de día…) sofren unha parada en seco. Read the rest of this entry »