A coincidencia na procura do falso diálogo conservador na Galiza e en Honduras
Posted in Galiza on 10/21/2009 02:53 a.m. by Xosé AntónPublica A Nosa Terra que Anxo Lorenzo, que o denominamos nalgunha ocasión o anxo exterminador do galego,
manifesta a súa vontade de reunión para que o portavoz da plataforma Queremos Galego poida transmitir directamente que accións e medidas do Goberno motivaron a manifestación do pasado domingo.
Pola súa banda, Rei lembra que Lorenzo coñece dabondo as peticións da plataforma Queremos Galego, xa que no pasado tivo reunións con varias organizacións que se integran na mesma.
Fran Rei asegurou que aceptarán reunirse co responsábel de Política Lingüística da Xunta de Galiza unha vez chegue a comunicación formal do goberno (anti)galego, xa que a vontade da plataforma é estar aberta a falar con todo o mundo.
Esta situación, salvando as diferenzas, sóame ao que está acontecer na Honduras do «dialogante» goberno golpista do empresario Roberto Micheletti, onde se ten coñecemento da presenza de mercenarios ex – paramilitares colombianos, os cales teñen como misión defender todo o aparello golpista, encabezado por Micheletti (tamén coñecido como Goriletti) e os militares que a golpe de fusil derrocaron ao presidente lexítimo Mel Zelaya. Read the rest of this entry »