Archive for Outubro 17th, 2009

Que ninguén que ame a nosa lingua fique na casa este domingo

 

O título deste artigo é o remate dunha noticia que publicou onte a MESA pola Normalización Lingüística na queQueremos Galego - manifestación lamenta que haxa altos cargos da Xunta que presuman de ignorar o galego. Considera A Mesa unha  mostra do racismo lingüístico que cada vez haxa máis altos cargos da Xunta de Galiza que presuman diso e que, aínda sabéndoo, se neguen a utilizalo. Estas actitudes de odio cara ao galego demostran a importancia de nos movermos na súa defensa en manifestacións como a convocada para o vindeiro 18 de outubro pola plataforma Queremos Galego.

Tamén desde Quinta Feira e A Cutareira convídannos  a asistir á manifestación na defensa da nosa lingua. Publica Quinta Feira no seu blog que a política do goberno tardo-franquista da Xunta de Galiza pretende reducir a xa precaria presenza do noso idioma en todos os ámbitos, nunha planificada campaña de agresión contra o galego. Campaña contra a que diversos colectivos, integrados na plataforma Queremos Galego, mobilízanse co propósito de paralizar os ataques linguísticos deste goberno antigalego e ultraconservador.

Pola contra, será por apoiar ás políticas do PP,  a meirande parte dos medios están a censurar a información previa á manifestación do día 18 e as actividades dunha plataforma que é a maior expresión en defensa do galego da historia. Así o afirma Bieito Lobeira, deputado do BNG no Parlamento Galego. Hoxe en día, xa están adheridas a “Queremos Galego” máis de 500 entidades e colectivos, máis as adhesións individuais.

Lobeira tamén lle lembra ao des-goberno de Feijóo que uns resultados eleitorais non son un cheque en branco, e non xustifican os ataques continuos contra a lingua galega que están a facer.