Archive for Outubro 12th, 2009

A crise económica

A crise económica-O martes 13 de outubro ás 20:30 horas celébrase un acto informativo sobre a crise económica que estamos a padecer tod@s.

 Conta a asociación A Cutareira coa presencia de dous pesos pesados da política e do sindicalismo: Bieito Lobeira, deputado no Parlamento Galego polo BNG, e Suso Seixo, Secretario Xeral do sindicato CIG.

Esta é una boa ocasión para coñecermos directamente a súa opinión e escoitar unha visión distinta á que ofrecen acotío os medios de comunicación que, a pesar de que algunhas veces “falan” de inxustizas sociais, NUNCA cuestionan o sistema socioeconómico capitalista que propicia a desigualdade. De onde ven esta crise, quen a creou, que medidas están a tomar os gobernos  para corrixir esta situación?

Se queres estar máis e mellor informada/o non debes faltar.

Aínda que, parafraseando a Santiago Alba Rico, negar que o capitalismo funciona é absurdo: este  sistema produciu, que se saiba, máis riqueza para os poderosos que ningún outro modo de produción histórico. Funciona: produciu máis pobreza, máis desigualdades sociais que ningún outro modo de produción histórico. E, ao contrario que ao socialismo, cando estala a crise, o aumento da pobreza, do número de suicidios, da diversidade de mortes non é tampouco un problema, é máis ben unha solución, a súa solución. Hai una incidencia da crise para os poderosos, que ao final se aproveitan da situación, e outra para a maioría social  que a sofre, mentres os dirixentes das elites económicas alertan de que hai que tomar as medidas axeitadas para que o sistema ideado para o benestar dos que residen no cumio da pirámide social  non estale e, como consecuencia, as maiorías sociais se rebelen violentamente en contra del. Pode manterse unha violencia controlada entre os do seu entorno social, mais que non se expanda cara a cúpula. Para iso xa existen os suficientes mecanismos de represión que traballan para cumprir ese obxectivo.