100.000 persoas na maior manifestación da historia en defensa da lingua galega

Galería de fotos

Un exemplo que ilustra a magnitude da manifestación histórica a prol da defensa do galego en Compostela  foi a cantidade considerábel de persoasSen galego, que seríamos? Pregúntase o BNG de Muxía integrantes da marcha que se desprazaron ao Obradoiro, diante da dificultade de acceder á ateigada praza da Quintana.

Ao redor de 100.000 asistentes fixeron que esta manifestación duplicara á  do Día das Letras Galegas. É ben certo, como subliñou a organización, que aínda había xente na Alameda cando o acto xa estaba  iniciado na Quintana (punto final do percorrido).  Tal é así que, como afirmaron  integrantes de Quinta Feira  e A Cutareira , varios asociados entraban na praza cando outros aínda estaban saíndo da alameda compostelá. Moitas persoas tiveron que agardar á segunda quenda para entrar, eran ás 14.30 e aínda estaban en pleno percorrido.

Como lembrou o  Portavoz Nacional do BNG, Guillerme Vázquez, o Partido Popular de Núñez Feijóo ten que oír a mensaxe enviada hoxe polas miles de galegas e galegos que encheron as rúas de Compostela, mudar a súa política e cumprir o mandato estatutario sobre a defensa do idioma galego e, polo tanto, da nosa cultura e da nosa identidade nacional como pobo diferente.

Nós pertencemos a esa inmensa maioría de galegas e galegos que queremos o noso idioma, que o consideramos un dos nosos máis valiosos patrimonios e sinais colectivos. Como dixo Pilar García Negro, o obxectivo final do PP, coa súa política de  racismo lingüístico contra o noso idioma, é cortar a cabeza do que non se quere que sexa un corpo adulto desenvolvido. Queren impedir que a grande capacidade simbólica que ten a lingua obre na dirección de reencontrarmos con nós mesmos. E logo que iso contribúa a poder ter un pobo manso, resignado e máis manexábel e reducido dentro do Estado.

Patricia Vázquez acusou ao ultraconservador goberno da Xunta de Galiza de violar a súa obriga de defender o idioma propio de Galiza.

No peche da marcha tamén falou Avelino Pousa Antelo, quen  citou a Castelao  cando dixo que se aínda somos galegos é por gracia do noso idioma

Carlos Callón, presidente da Mesa, falou no acto final no nome das asociacións, institucións e persoas a título individual que conforman a plataforma QUEREMOS GALEGO, organizadora do evento, afirmou rotundamente que esta foi a maior manifestación na defensa do galego e unha das maiores mobilizacións de toda a historia de Galiza, unha verdadeira manifestación pro vida, en defensa dunha lingua galega viva e dun pobo galego vivo. 

 Xurxo Souto pechou  un acto, agardando que os votantes do PP e a mocidade das cidades asuma a defensa do noso idioma, onde as persoas asistentes rexeitaron a manipulación da TVG

 

2 Comentarios

  1. Grazas por poñer a galiña de portada. Saúdos e a por eles que son poucos e covardes.

  2. Saúdos Carlos, é que o texto e o debuxo fan un conxunto espectacular. É unha comunicación completa. Diches na diana, coma sempre!

Deixa unha resposta