O Cumio de ASA visto pola Revolución Cidadá
Posted in Mundo on 10/05/2009 01:18 am by Xosé Antón| Cubainformación.tv |
Sempre que falo da nova revolución social que percorre gran parte de Suramérica, @s amig@s critícanme con agarimo que só falo do presidente Hugo Chávez.
Hoxe comenta (no vídeo insertado arriba) o Cumio América do Sur-África(ASA) – indicando o poder conxunto que teñen ambas as rexións para conformar unha nova orde mundial – outro bolivariano, o presidente de Ecuador, Rafael Correa (o presidente que, liderando a Revolución Cidadá, dixo iso de “…Estamos aquí polos pobres…xuntos fixemos historia…e dese xeito recuperar esa dignidade para que non volvan a caer nas trampas dos demagogos, dos poderosos de sempre…”)
Publica Aporrea que o Cumio América do Sur-África (ASA) reuniu a máis de 30 xefes de Estado en Venezuela – outros países estaban representados polos seus ministros de Relacións Exteriores ou outros altos funcionarios- duns 60 países de América do Sur e África que participaron no segundo cumio birrexional, co obxectivo de estimular acordos de cooperación Sur-Sur en diversos ámbitos. Read the rest of this entry »