É a economía Feijóo, é a economía (parte 4)
Posted in Galiza on 10/30/2009 01:59 am by Xosé Antón
Esta recente presentación gráfica (feita polo camarada Xosé Cotelo) do anterior decreto eólico sírveme para lembrarvos o que se dixo varias veces neste blogue sobre que Galiza era a gran beneficiaria da resolución do concurso eólico, xa que o 14 por cento da potencia eólica no decreto eólico aprobado na lexislatura anterior (goberno bipartito) quedaba en mans públicas.
E que iso implicaba que Galiza e as galegas e galegos serían os grandes beneficiarios da anterior resolución.
E que a consellaría de Innovación e Industria, liderada polo conselleiro nacionalista, Fernando Blanco, acordara admitir a trámite, trala resolución da comisión de valoración, un total de 2.290 megavatios eólicos, dos 2.325 que se poderían acoller. O 14,2% ( un total de 325,74) serían cedidos á Xunta de Galiza, xerando nesas circunstancias 30 millóns de euros por ano.
Que o PP o botase abaixo, coa súa chegada ao goberno galego, está influíndo xa na baixada dos orzamentos galegos.
Xa temos falado neste blogue, e non positivamente, do proxecto de orzamentos que vén de ser presentado polo goberno da Xunta. Tampouco o BNG considera o presuposto do 2.010 bo para Galiza, xa que reflicte á perfección a situación que as galegas e galegos padecemos desde a chegada do PP ao Executivo: a máis absoluta inacción e parálise dun goberno que carece de alternativas para enfrontar a crise. Read the rest of this entry »




