Paralizado servizo público de atención domiciliaria de nenas e nenos que iniciara o BNG no bipartito
Publicado en Galiza o 30/09/2009 02:01 por Xosé AntónAfirma a deputada do BNG, Ana Pontón, que a Xunta de Galiza (en mans do PP) ao non recuperar o programa de
canguros creado polo bipartito, demostra que o Goberno de Feijóo non só non acredita nos servizos sociais, tal e como está a demostrar na sanidade, na educación ou nas políticas de benestar, senón que demostra que non acredita realmente na igualdade.
A deputada nacionalista tamén denunciou que a decisión do Goberno de Feijóo “demostra a hipocrisía do PP xa que mentres presume de defender a familia, logo adopta decisións coma esta que van en contra das mulleres, da conciliación da vida familiar e laboral e da corresponsabilidade.
Neste último apartado discrepo con Ana Pontón, pois non é que o PP presuma de defender as familias. Defende determinado tipo de familia con un determinado poder adquisitivo. Igual que a defensa de certa educación, xa que o goberno TUCSIM de Feijóo amosa que gusta moito da escola da ignorancia para as maiorías sociais, mais esa non é que deseña para as elites económicas.
Unha mala atención domiciliaria ou a falla dela va en contra das mulleres, da conciliación da vida familiar e laboral e da corresponsabilidade, o que implica un benestar social en caída libre ao desaparecer os servizos públicos como servizos universais. Así pouco a pouco camiñamos a un entorno de desintegración social e coas medidas recentemente adoptadas polo PP no ensino avanzamos na perda de calidade educativa nos centro públicos mentres os privados reciben cartos a feixes.
De que estamos a falar daquela? Do que falabamos hai uns días: da escola da ignorancia