Archive for Setembro, 2009

Ampliación sobre os acontecementos en Honduras. O proceder dun novo rexurdimento

Novas en continua ampliación:   Vídeo Dossier recente           Vídeo de DossierMel Zelaya retornado anterior.

Queres seguir a información sobre o que está a pasar en Honduras? Clica aquí

O sorpresivo retorno de Zelaya, o proceder de Brasil (que se quere soltar da presión do imperio) en Rebelión e a implicación de Israel

Informa Telesur que os xefes de Estados latinoamericanos que participarán na segunda xornada da Asemblea Xeral da Organización de Nacións Unidas (ONU,) esixirán este xoves a restitución inmediata do presidente lexítimo de Honduras, Manuel Zelaya, tal como fixérono varios mandatarios da rexión na sesión do mércores.

No comezo da plenaria no organismo, os presidentes manifestaron o seu rexeitamento contra o golpe de estado do pasado 28 de xuño, e reclamaron a falta de contundencia na comunidade internacional para esixir a saída de Roberto Micheletti do poder.

Neste segundo día de asemblea espérase o pronunciamiento dos mandatarios de Venezuela, Hugo Chávez; Paraguai, Fernando Lugo; España, José Luís Rodríguez Zapatero e Guatemala, Álvaro Colom.

Ao redor de 300, outras fontes falan  de 400 detidos, despois da violenta represión militar e policial contra as manifestacións pacíficas de miles de valentes hondureños que celebraban a entrada do presidente Manuel Zelaya ao país. Mel, para sorpresa de Gorileti, Arias e dos políticos e militares de EE.UU. regresou baixo o maior secreto á súa patria, agachado no maleteiro dun coche.  Miles e miles de manifestantes saen ás rúas baixo consignas como “O pobo unido, xamais será vencido” e “Solidariedade, solidariedade, solidariedade”

  O goberno golpista   cortoulle a auga, a luz e o teléfono á embaixada brasileira (onde Zelaya obtivo refuxio) de Tegucigalpa, cidade que ten decretado toque de queda.

Os detidos están sendo trasladados ao complexo deportivo José Simón Azcona (de xeito similar ao que  fixeron en Chile  os Pinochetogolpistas) nun dos extremos da cidade onde xa hai centenares de feridos e, segundo Vía Campesiña, tres persoas asasinadas. Na madrugada hondureña, os corpos represivos fixeron uso de armas de fogo, bombas de gas lacrimóxeno, gas pementa e balas de goma contra as persoas que se atopaban fronte á embaixada brasileira.

 

A traidora postura socialista no Consello de Contas: deberían decatarse que a dignidade é a proba do algodón para saber se unha decisión é correcta ou non.

 

Outro acordo de máis que dubidosa dignidade política entre  as forzasPacto indigno españolistas, PP e PSOE,  formalízase como un pacto en contra o Bloque Nacionalista Galego. O pacto entre os dous partidos centralistas é un achegamento entre forzas ultraconservadoras e os traidores  liberais. Comentan en ANT  que a cambio da maioría absoluta  do PP no Consello de Contas o PSOE logra inmunidade parlamentaria para un acusado no famoso  caso da axente electoral, o socialista Pablo García.

Isto deixa claro que  o  PP vai seguir durante os catro anos da lexislatura incumprindo as súas promesas electorais, agás unha que a maioría da sociedade non lle aproba: a discriminación do galego. E que a  falla de credibilidade de Feijóo vai á par da falla  de lealdade no compromiso e peso específico do número 1 do PSOE na Galiza, Patxi Vázquez.

Pódese crer nun voceiro socialista que pacta  co PP para que os “populares” teña a maioría no consello de Contas, cando se tenta discriminar a unha forza política  nacionalista, integrante do Parlamento Galego,  para que non teña ningunha posibilidade de fiscalizar as contas nin emitir votos para aprobar ou rexeitar informes? Read the rest of this entry »

 

A chegada do presidente constitucional Mel Zelaya, abre as portas á reconstrucción da democracia en Honduras (nova ampliada)

Podes seguir esta nova por telesur e/ou acceder ao programa Dossier sobre a actual situación

Nun encontro cos medios de comunicación desde a embaixada de Brasil en Manuel ZelayaTegucigalpa, Honduras, o Presidente Constitucional dese país, explicou as accións a despregar a partir deste momento.

Explicou que hai horas conversou co Chanceler (ministro de exteriores) de Brasil Celso Amorin preparando todo o necesario para a súa chegada á embaixada. Informou que espera a chamada do Presidente Lula. Antes xa conversara co Presidente de Venezuela, Hugo Chávez.

Asi mesmo dixo falar con José Miguel Insulza, algúns membros da OEA e con algúns da ONU, a UE e membros da comunidade africana.

Recalcou querer acompañarse do apoio moral de todos.

Dixo non ter contacto co Goberno de facto do golpista Micheletti, quen ordenou un toque de queda ás forzas represoras para impedir que o pobo se mobilice a favor do presidente constitucional.

Video onde as forzas represoras golpistas atacan ao pobo hondureño

Afirmou que se reunirá con grupos da resistencia inmediatamente ao culminar a entrevista  cos xornalistas.

«Logo faremos contacto con xente respectable da sociedade hondureña para formar enlaces de diálogo e de verificación»

«É un momento de reconciliación» e fixo un chamado ao exército a non usar as armas contra o pobo.

Finalmente invitou aos habitantes da capital a trasladarse á embaixada de xeito pacífico a protexelo.

Neste momento os manifestantes que se atopaban fronte á sede da ONU en Honduras diríxense cara á embaixada.

O coordinador xeral da Fronte Nacional contra o golpe de estado de Honduras, Juan Barahona, asegurou este luns que existen poucas oportunidades de que o Goberno de facto de Roberto Micheletti poida manterse no poder por 24 horas, logo da chegada de Manuel Zelaya a Tegucigalpa. Read the rest of this entry »

 

A Escola da Ignorancia como obxectivo prioritario do (des)goberno de Núñez Feijóo?

 

Esta semana arrancou o curso e comeza con tensións producidas polos recortes sociais, recorte de profesorado, reagrupamento de alumnos, folgas ou mobilizacións nas EOI, incumprimentos no  financiamento da Universidade

 Semella que o goberno da Xunta de Galiza, guiándose polas normas do capitalismo posmoderno, do lámina de Castelaoultraliberalismo conservador, iniciou no noso país un peculiar  axuste  entre a produtividade e a educación pública. Se nos guiamos por esta premisa e pola diversa información publicada, é acertado dicir que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, encabeza un ataque ao ensino público sen precedentes nos últimos anos,  aplicando a teoría  educativa do ultraliberal estadounidense Zbigniew Brzezinski, á que Jean Claude Michéa que lle chama «a escola da ignorancia». Se o goberno dos TUCSIM consegue  aplicar  esa teoría educativa estariamos a falar dunha vindeira desintegración social para a maioría social na Galiza.

 

Dese xeito, por unha parte pretenderíase  unha educación de excelente calidade para as elites sociais, outra  de simples competencias técnicas medias que trate de adquisición de habilidades temporais para persoas temporalmente humanas, tan temporalmente humanas como lles duren as posibilidades de producir para o sistema. E…

 unha  terceira e máis numerosa, esa á que Jean Claude Michéa lle chama “A Escola da Ignorancia”, cun obxectivo terríbel: a produción sistemática de consumidores manipulables, inmaduros, outro das engrenaxes necesarias para que a roda da mundialización – globalización siga mantendo e avanzando o sistema que lle interesa á poderosa elite económica.

 

 Para que esta situación sexa socialmente aceptada con «normalidade» na Galiza hai que dar varios pasos (moitos  xa están dados):

O primeiro é que o poder económico, mediático e político coincidan simultaneamente no mesmo escenario durante o tempo necesario para cumprir os obxectivos que marca a ideoloxía Brzezinski.

Despois varios transversais: Read the rest of this entry »

 

Como pode ser que unha das asociación máis activas da Laracha estea fóra das convocatorias para axudas do Concello?

 

A resolución de subvencións concedidas polo Goberno da Laracha provoca unha considerábel sorpresa ao denegarSTOP á discriminacion   subvencións ás asociacións de veciños, entre elas á Asociación Veciñal A Cutareira, unha das máis activas da localidade e mesmo da comarca de Bergantiños. Tal é a sorpresa que esta asociación fixo público un comunicado rexeitando a actitude discriminatoria do conservador goberno municipal

Cantas veces se dixo que a administración municipal é a administración máis próxima á cidadanía? Moitas, e  así debería  ser, xa que é a primeira instancia, o primeiro banzo co que conecta a  poboación, colectiva ou individualmente,  na súa vida diaria, a primeira administración á que se lle demanda a prestación duns servizos aos que o pobo  ten dereito. Entre eses servizos está a acción cultural e  sociocultural  para a que non serven receitas do pasado. Pois hoxe en día entendemos a cultura non só como produto, senón como actividade social creativa e participativa, ademais de ser un xeito de comunicación no que se transmiten valores.

Por outra banda, as actividades culturais que as persoas realizamos están encamiñadas maioritariamente ao goce do tempo de ocio, a través das distintas asociación e/ou a través dunha estructura política municipal asentada, pero debilmente organizada na que o máis axeitado sería falar de distintas ou contrapostas actividades culturais en vez de ser un programa municipal coordenado de xestión cultural. Semella ser , á vista de moitos, unha política cultural municipal de francotiradores. Read the rest of this entry »