Morre todo o alumnado de infantil do colexio público Otero Pedrayo da Laracha no simulacro de incendio

Nun comunicado  feito público  polo Responsábel Local do BNG da Laracha, Fernandoincendio Gesto Montes,  informa da celebración dunha reunión no colexio Otero Pedrayo da Laracha na que as nais e pais de alumnos e personal docente debatiron sobre a situación na que se encontra o máis grande colexio público da Laracha. Nel coméntanse   as graves deficiencias que a administración galega debe  correxir no centro educativo:

 1. A falta de seguridade no edificio que acolle ao alumnado de Educación Infantil.  Demostrouse, no simulacro de incendio realizado,  que  nunha situación real quedarían atrapados polo lume todos os nenos e nenas de infantil.

2. As carencias de infraestructuras axeitadas no centro.

3. A falta de profesorado e persoal de apoio.

4. A precaria  situación das coidadoras do comedor

Non podemos os pais e nais quedarnos  coa resposta de que non hai cartos pois, mentres a Consellaría destina 258 millóns de euros ao ano a centros privados de Galiza, gasta só na cartelería da rede de escolas infantís miles de euros para cambiar o logo pola “galiña azul amaestrada”, ou despilfarrra centos de miles de euros en campañas propagandísticas e medidas destinadas a reducir a presenza do idioma e da cultura galega, deixan en condicións precarias o ensino público. O caso do Otero Pedrayo é un bo exemplo

Comunicado completo:

O BNG da Laracha apoia ás familias con nenas e nenos no colexio Otero Pedrayo da Laracha e realizará todas as xestións necesarias ante as administracións para que se corrixan as graves deficiencias no centro educativo.

As máis graves e, polo tanto urxentes son:

1.      A falta de seguridade no edificio que acolle ao alumnado de Educación Infantil. Nun tempo en que os protocolos de seguridade nos centros de ensino son obrigatorios e imprescindíbeis para evitar traxedias, este edificio non reúne as mínimas medidas de seguridade. Así se demostrou no simulacro de incendio realizado, no que de ser unha situación real, quedarían atrapados polo lume todos os nenos e nenas de infantil.

2.       A carencia dun pavillón deportivo cuberto, que sirva tanto para a práctica do deporte en horas de clase e fóra do horario escolar, como nos recreos; posto que as nenas e nenos de Primaria non dispoñen dun lugar cuberto nos días de inverno. A construción do polideportivo é unha reivindicación do BNG desde hai máis de 10n anos.

 3.       A falta de profesorado e persoal de apoio para poder impartir unha educación de calidade. Atender ás necesidades do alumnado require dispoñer de persoal especializado.

4.        A situación das coidadoras do comedor; mal chamadas “nais voluntarias”, cando son en realidade traballadoras  contratadas en precario; cunhas condicións laborais inadmisíbeis: polo baixo salario, modo de cobro (cada 3 meses) e carecer de seguro. Ser coidador/a de comedor debe ser un traballo recoñecido e valorado socialmente pola función que cumpren.

Desde o BNG estaremos pendentes das medidas que se adopten e que  non sexan cortinas de fume só para tranquilizar ás familias e non facer nada .

Comprometémonos a facer un seguimento desta situación diante das administracións competentes.

Non nos serve a resposta de que non hai cartos pois, mentres a Consellaría destina 258 millóns de euros ao ano centros privados de Galiza, gasto usó na cartelería da rede de escolas infantís milleiros de euros para cambiar o logo pola “galiña azul amaestrada”, ou centos de miles de euros en campañas propagandísticas e medidas destinadas a reducir a presenza do idioma e da cultura galega, deixan en condicións precarias o ensino público. O caso do Otero Pedrayo é un bo exemplo.

A falla de investimentos no ensino público é debida a que os actuais dirixentes da Xunta téñenlle medo a unha educación de calidade para a clase traballadora, para a maioría social, porque eles semellan querer un  modelo de educación para a dominación, onde o pobo sexa un sumiso consumidor adestrado para ser facilmente manipulable.

 

A Laracha 26 de setembro de 2.009

  

Asdo: Fernando Gesto Montes,

Responsábel Local do BNG da Laracha

 

Deixa unha resposta